Parabéns ao Hotel Augusta Spa Resort!

O motor de procura de hoteis Gohotels.com, fundado en 1998, outorgou o “Premio ao Servizo Destacado” polos seus usuarios ao Hotel Augusta Spa Resort. Este premio distingue os mellores establecementos que logran obter puntuacións de excelencia nos seus servizos e instalacións. Se queres sorprender a túa parella e relaxarte utilizando os circuítos e tratamentos que ofrece o […]

Descubre as novas estancias renovadas que che ofrece o Hotel Spa Nanin

Descubre as novas estancias renovadas que che ofrece o Hotel Spa Nanin e goza dunha estancia relaxada e das marabillosas vistas ao mar, desfrutando con toda a túa familia da ampla oferta de actividades que che ofrece o hotel. Se aínda non decidiches onde pasar as túas vacacións, a que esperas para reservar? http://nanin.com/

Nova Carta de Tratamentos do Talaso Hotel Louxo la Toja

A nova Carta de Tratamentos que che ofrece o Talaso Hotel Louxo la Toja xa está dispoñible! Reláxate e goza das excelentes masaxes, marabillosos aromas e experimenta sensacións que farán que a túa estancia sexa inesquecible. A que esperas?  https://www.louxolatoja.com/doc/carta-termal.pdf talaso@louxolatoja.com / 986730200

Realiza un paseo virtual e coñece as habitacións do Hotel Bosque Mar

Se aínda non decidiches que tipo de habitación é a que mellor se adapta a ti e ás túas necesidades, o Hotel Bosque Mar ofréceche a posibilidade de realizar un paseo virtual para que poidas ver as distintas opcións que ofrece o hotel no referido a habitacións, estudios e apartamentos. Podes facelo a través desta […]

O Hotel Augusta Spa Resort entre os mellores “retreats” de España

SPALOPIA non é só unha páxina web, senón un movemento que busca que calquera persoa dispoña de todos os recursos ao seu alcance para levar unha vida saudable, relaxada e feliz. Así, seleccionou o Hotel Augusta Spa Resort como un dos mellores retreats do noso país. Se queres relaxarte, gozar do sol e de todos […]

O Hotel Rotilio participa na IX edición do Concurso Sanxenxo Degusta Tapas

Ata o 10 de xuño, todos os que se acheguen a Sanxenxo poderán degustar as tapas que ofrecen algúns restaurantes, bares e hoteis da localidade, entre os que se atopa o Hotel Rotilio. Para emitir o seu voto, o público deberá visitar polo menos cinco establecementos hostaleiros, podendo participar así nos sorteos e agasallos que […]

Celebra a noite de San Xoán no Talaso Hotel Louxo la Toja

O Talaso Hotel Louxo La Toja está a preparar para todos os seus clientes unha das noites máis máxicas de todo o ano: a noite de San Xoán. Se aínda non tes plans para pasar esta data, fai a túa reserva e déixate sorprender! Podes facelo a través da seguinte ligazón:  www.louxolatoja.com

Desfruta do bo tempo e das ceas na terraza do Hotel Augusta Spa Resort!

O verán cada vez está máis cerca  e o bo tempo sorrí a Galicia! Por isto, dende o Hotel Augusta Spa Resort ofrecen aos seus clientes a posibilidade de degustar unha marabillosa cea ou de gozar de cócteles especialmente elaborados para refrescarse en noites calorosas, ademais de pasear polos seus xardíns mentres se deleitan coas […]

O Restaurante España e o Restaurante Nito na Guía Conde Nast Traveler

O Restaurante España e o Restaurante Nito son dúas das recomendacións que ofrece a Guía Conde Nast Traveler se decidiches visitar a provincia de Lugo. Ambos forman parte do Grupo Lecer, certificados por Galicia Calidade, e neles poderás atopar produtos de calidade para que poidas desfrutar dos sabores galegos a través das mellores receitas. A […]

Yayo Daporta participou na presentación da 4ª edición de Incitus

O venres pasado foi presentada a cuarta edición da iniciativa Incitus, que apoia proxectos de hostalería cun modelo de negocio baseado na innovación e a creatividade. Os chefs con Estrela Michelin Pepe Solla e Yayo Daporta participaron na presentación do proxecto, realizada no restaurante Living Vigo, e empresas como Estrella Galicia, entre outras, serán colaboradoras […]

Novos espazos para eventos no Hotel Monumento Pazo do Río

Se estás a pensar en realizar algún evento, anímate a coñecer todas as posibilidades que che ofrece o Hotel Monumento Pazo do Río! Ademais de dispoñer de todo tipo de servicios e salas, desfruta dunha contorna inmellorable que fará que a túa celebración sexa inesquecible. Se necesitas máis información, chama ao 981637512!

O Hotel Blue Coruña no programa Hoteis con encanto

Atentos ao vídeo que realizaron os reporteiros de Hoteis con encanto ao Hotel Blue Coruña, establecemento pertencente ao grupo Lecer e certificado co selo Galicia Calidade. Podedes velo a partir do minuto 16:30. Non o perdades!

Yayo Daporta, presidente do concurso GourmeTapa1906

Onte tivo lugar o concurso GourmeTapa 1906, Campionato de España de Tapas para Gourmets, que busca recoñecer o talento dos cociñeiros que elaboren a mellor tapa que harmonice cunha das cervexas Estrella Galicia pertencente á gama 1906, a gama máis persoal de Hijos de Rivera. O chef Yayo Daporta, foi o presidente do xurado, integrado por […]

O Restaurante España participa nunha masterclass no Salón de Gourmets 2018

Onte abriu as súas portas unha nova edición do Salón de Gourmets, Feira de Alimentación e Bebidas de Calidade, que ata o xoves desta semana ofrecerá as mellores mostras delicatessen do mundo. Todos os que visiten a feira atoparanse con máis de 1.600 expositores, 40.000 produtos e 1.300 novidades que marcarán as tendencias culinarias de 2018. O […]

Desfruta da terraza exterior do Mesón A Cepa

Coa chegada do sol e do bo tempo, o Mesón A Cepa inaugurou a súa terraza exterior para todos aqueles que desexen gozar dunha comida agradable, un  vermú ou unhas cervezas con amigos ou familia… A que esperas para coñecela? Déixate conquistar por este espazo tan agradable!

O Restaurante A Mirandilla de Rinlo un dos 10 restaurantes que non te debes perder en Galicia!

A Guía Conde Nast Traveler inclúe o Restaurante A Mirandilla de Rinlo nunha listaxe cos 10 restaurantes que non te debes perder en Galicia! Restaurante, as súas cociñeiras e cociñeiros… con todo o que se lle pide a unha boa mesa: deseño, bo produto e mellor man na cociña. Non os perdas de vista… http://www.traveler.es/gastronomia/articulos/restaurantes-emergentes-galicia/12435

O Restaurante España no programa Larpeiros e en España Directo

O programa Larpeiros da TVG escolleu ao Restaurante España para dar a coñecer a importancia da carne de boi galega, desde que comezan coa crianza dos animais ata que chega ao prato dos comensais. No vídeo poderedes ver os irmáns López e o seu pai, na leira de Portomarín, onde se crían os bois, e ademais cociñando […]

Celebra na Coruña o Día da Nai

Se estás na Coruña e queres celebrar o Día da Nai, non perdas estes menús que che ofrece o Restaurante Finisterrae A Torre e o Restaurante Finisterrae Acuario. Chama, reserva e goza desta data especial!

Ofertas fin de semana no Hotel Spa Nanín

Reserva a través da web e obtén un 25% de desconto para esta fin de semana no Hotel Spa  Nanín. Ademais, poderás utilizar o SPA, recibirás bebidas de benvida, un bono regalo de 30 € e terás á túa disposición un garaxe cuberto! (Estancia mínima: 2 noites).

Máis propostas para celebrar o Día da Nai

Quedan poucos días para a celebración do Día da Nai, unha data moi especial para render unha homenaxe e ter un detalle coa muller que nos trouxo ao mundo. Hoxe deixámosche dúas propostas, unha do Talaso Hotel Louxo La Toja e outra do Hotel Bosque Mar para que poidas sorprendela e gozar xunto a ela […]

O restaurante O Eirado necesita persoal de sala

Estás a buscar traballo? O restaurante O Eirado necesita persoal de sala! Se estás interesado ou coñeces alguén que poida encaixar neste perfil, envía o teu curriculum a raqueleirado@grupobretal.com. 

Estás a pensar en celebrar o teu evento?

Estás a pensar en celebrar a túa voda, o bautizo ou a comuñón dos teus fillos, un cóctel ou unha reunión de empresa? O Hotel Alfonso IX en Sarria ofréceche os seus servizos para que poidas gozar dese día tan especial adaptándose sempre ás túas necesidades a través de diferentes propostas. Se necesitas máis información, […]

Oferta única no Hotel Spa Nanín

Aínda estás a tempo de aproveitar a promoción que che ofrece o Hotel Spa Nanín! Reserva esta oferta única para domingo e luns, cun 15% de desconto, a través da web http://nanin.com/ Apresúrate, as prazas son limitadas!

Cea maridaxe no Restaurante Bido o xoves 26 de abril

Mañá xoves, ás 21:00 h, non podes perder a cea maridaxe que che ofrece o Restaurante Bido na Coruña. Poderás degustar a exquisita carne de boi cociñada por Héctor López, do Restaurante España, acompañada de viños da Adega Margón. Aínda o estás pensando? Non deixes pasar esta ocasión! Aínda quedan prazas, chama e reserva!

Produtos galegos de calidade presentes en Alimentaria 2018

Alimentaria 2018, feria líder de alimentación, bebidas e gastronomía en España, contou con case 4.000 expositores e máis de 140.000 visitantes. Nela estiveron presentes produtos galegos de calidade, como bebidas espirituosas, ovos da Granja Campomayor, carne de vacún galega, que visitaba por primeira vez a feira, e facíao no pavillón Intercarn, os xamóns de Torre […]

O Hotel Spa Nanín quere que formes parte do seu equipo.

Estás a buscar traballo? O Hotel Spa Nanín necesita persoal para os departamentos de recepción, cociña e restauración. Se estás interesado ou coñeces alguén que poida encaixar neste perfil, envía o curriculum ao seguinte enderezo: empleo@nanin.com

Menú especial polo Día da Nai en A Carballeira Santa Cruz

O Restaurante A Carballeira ofrece a todos os seus clientes un menú especial con motivo da celebración do Día da Nai. Se aínda non decidiches como celebrar esta data tan importante, aquí che deixamos este menú elaborado polo restaurante. (Reserva previamente no 988384170. Data límite de reservas o 4 de maio).

Desfruta da carne á brasa e á grella no Asador Vaca Vella

O Asador Vaca Vella está especializado en carne de vaca vella á brasa e cociña da terra á grella. Destacan cortes de carne como s costeleta, entrecosto, solombo, churrasco, picaña ou croca. Pero tamén se poden degustar peixes frescos e outros platos deliciosos. Aínda no tes plans para esta fin de semana? Chama e reserva!

Parabéns ao Curro da Parra!

Na súa edición do 2018 a guía Traveler recomenda O Curro da Parra como oferta destacada en Santiago de Compostela. Esta publicación recoñece as mellores ofertas gastronómicas, facendo unha distinción ao bo traballo, a mellor materia prima, a súa mequeira manipulación e coidado servizo. Dende Galicia Calidade sentímonos orgullosos dos nosos establecementos!

Oferta de empleo no Hotel Augusta Spa Resort

O Hotel Augusta Spa Resort está a buscar a persoas con ganas, con interese, persoas ás que lles gusten os retos e o pasen ben traballando. Se cres que podes encaixar neste perfil, non dubides en enviar o teu CV para formar parte do seu equipo! A que esperas? Envía o teu currículum a rrhh@gruposolvidahoteles.com

Aínda non coñeces as novas habitacións do Talaso Hotel Louxo La Toja?

Co obxectivo de mellorar a experiencia e o confort dos seus clientes durante a súa estancia no Talaso Hotel Louxo La Toja, levouse a cabo unha reforma da quinta planta, onde as habitacións tipo ático son “Habitacións Deluxe”, un lugar onde relaxarse e gozar das mellores vistas! Máis información: www.louxolatoja.com 986730200 reservas@louxolatoja.com

Celebra o teu evento no Restaurante A Carballeira

Aínda non te decidiches polo lugar onde celebrar o teu evento, voda, bautizo, comuñón, congreso… O Restaurante A Carballeira ofrece aos seus clientes múltiples  posibilidades e espazos para poder realizalos. A que esperas para contactar? Achégate as súas instalacións e asesorarante sen compromiso.

Oferta especial do Hotel Bosque Mar nos meses de abril e maio

Para todos aqueles que queirades organizar unha escapada ás Rías Baixas durante os meses de abril e maio, deixámosvos a oferta do Hotel Bosque Mar: Oferta gastronómica especial: Unha noite de aloxamento + almorzo  buffet + cea degustación + acceso libre á zona de augas… a un prezo que vos sorprenderá. Máis info: https://bosquemar.com/oferta-especial-abril-mayo-rias-baixas/

Entrevista a Héctor López, do Restaurante España, no programa Labranza

Héctor López, do Restaurante España (Lugo), foi entrevistado no programa ‘Labranza’ da TVG, onde falou da importancia da IXP (Indicación Xeográfica Protexida) da Vaca e Boi de Galicia, unha carne de vacún exclusiva, na que o animal naceu, criouse e foi sacrificado en Galicia.  En palabras do cociñeiro: “é carne galega cento por cento”.

Oferta 2x1 no Hotel Spa Nanín

Aínda estás a tempo de facer a túa reserva para gozar dunha marabillosa escapada a Sanxenxo! Na seguinte ligazón, o Hotel Spa Nanín ofréceche unha oferta exclusiva 2×1!  https://goo.gl/3Qaquq A que esperas?

Aínda non coñeces as Master Suites e Demi Suites do Hotel Augusta Spa Resort?

Nas Master Suites, atoparás as últimas tendencias en tecnoloxía domótica:  iPad e PlayStation 4, cheminea, jacuzzi, cromoterapia, baño de esencias e ducha celestial con cápsulas de ducha Skinjay®, balcón no salón dormitorio ademais de baño con ducha e kitchenette. E ademais, o dormitorio principal conta con terraza amoblada con magníficas vistas sobre a ría de […]

O Hotel Blue Coruña participa nunha mesa redonda do II Foro Hoteleiro do CSHG

Os retos de futuro e alternativas que teñen os hoteis independentes fose das grandes cadeas ou franquías, a innovación e o papel das novas tecnoloxías no emprendimiento hoteleiro ou a diferenciación, calidade e servizos que deben ofrecer os novos modelos hoteleiros en mercados maduros como o noso foron algúns dos aspectos que se abordaron na […]

Exquisitas propostas gastronómicas e os mellores viños no restaurante O Grelo

Descubre o restaurante O Grelo en Monforte de Lemos e reláxate nun ambiente tranquilo, coidado e acolledor, onde poderás degustar exquisitas propostas gastronómicas, ademais de ter acceso a unha ampla carta de viños con máis de 100 referencias, ademais do viño da casa, Don Bernardino, producido e embotellado co maior esmero e selección da uva nos […]

Talaso Hotel Louxo La Toja ofréceche unha festa á que non podes faltar

Aínda non tes plans para esta fin de semana? Talaso Hotel Louxo La Toja ofréceche unha festa á que non podes faltar este sábado: a Flower Power! Todos aqueles que desexen facer unha escapada de fin de semana e pasalo xenial contarán cunha excelente proposta de aloxamento e unha cea exquisita acompañada de música en directo,coa actuación do DJ Javi Solla. […]

Casa Vixide anima a todos os seus clientes a visitar a ‘Fraga de  Catasós’

Casa Vixide, establecemento rural pertencente ao grupo Lecer e certificado por Galicia Calidade, anima a todos os seus clientes a visitar a ‘Fraga de  Catasós’, unha das mellores mostras de bosque caducifolio atlántico que se preserva en Galicia, un resumo do patrimonio vexetal galego reunido nuns poucos centos de metros cadrados. Situado no concello de […]

Aínda non coñeces Ourense?

Dende o Restaurante Tamarindo, situado na Praza Maior de Ourense, recoméndanche a través desta guía http://guiademaria.com/7-lugares-imprescindibles-en-ourense/, un percorrido moi interesante para coñecer a cidade. A que esperas para deixarte sorprender?  

O Hotel Rotilio poñe á disposición dos seus clientes o menú de primavera

Dende o Hotel Rotilio poñen á disposición dos seus clientes o menú de primavera, que poderá desfrutarse os xoves e os venres no servizo de comida e cea. Esta semana poderedes degustar os seguintes pratos:  Aperitivo de benvida (o correspondente ao día).  Anchoas de Santoña, queixo do Cebreiro caramelizado e veo de remolacha ou canelones de centola, boi […]

Aproveita todas as opcións turísticas que che ofrece O Hotel Augusta Spa Resort

O Hotel Augusta Spa Resort ofrécelles aos seus clientes unha proposta para visitar algunhas das vilas máis fermosas de Galicia, que ademais están preto do hotel. A que esperas para facer unha escapada coa túa parella, coa túa familia, cos teus amigos… e aproveitar todas estas opcións! https://viajar.elperiodico.com/destinos/9-pueblos-gallegos-bonitos-decir-basta

42 establecementos de Galicia Calidade recibiron a Q de Calidade Turística 2017

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo animou a seguir apostanto pola máxima calidade como marca do sector turístico galego, e destacou que investir e mellorar a calidade é sempre a opción máis rendible, no curto, medio e longo prazo. Galicia, que é a primeira comunidade de España por número destas distincións, recibiou en 2017 […]

O Café de Altamira organiza unha cata de jerez con motivo do Sherry Festival

Con motivo do Sherry Festival, que terá lugar na Coruña, dende o Café de Altamira queren celebrar cos seus clientes máis incondicionais do xerez unha cata extraordinaria. Para iso, lograron reunir unha incrible selección de viños vellos e raros: – Carta Blanca de Agustín Blázquez – Privilegio de Hidalgo – Oloroso Cuco VORS de Barbadillo […]

Cantina Río Covés anima os seus clientes a visitar a comarca do Eume

Cantina Río Covés, establecemento pertencente ao Grupo Lecer e certificado por Galicia Calidade, anima os seus clientes a visitar a comarca do Eume, situada nun fermoso enclave natural, onde todos os que se acheguen poderán gozar dunha marabillosa xornada na natureza, rodeados dunha bela paisaxe, á beira do río Eume. A que esperas para coñecela?

Yayo Daporta e Iñaki Bretal participaron nun showcooking realizado polo chef Pepe Solla

Cociñeiros do Grupo Nove, como Yayo Daporta e Iñaki Bretal, tamén membros do Grupo Lecer, certificados por Galicia Calidade, participaron nun showcooking realizado polo chef Pepe Solla, con produtos da conserveira galega Frinsa. Alí déronse cita os alumnos do Basque Culinary Center e outros chefs do grupo Nove, como Lucía Freitas, nunha xornada que combinou […]

Novos tratamentos no Talaso Hotel Louxo La Toja

Aínda non coñeces os novos tratamentos que che ofrece o Talaso Hotel Louxo La Toja? Atrévete a descubrilos e mergúllate nunha viaxe sensorial a través de diferentes culturas do mundo! Podes consultalos na súa páxina web www.louxolatoja.com ou chamando ao teléfono 986730200.

O Rei Felipe VI recibe á FEHR no seu 40º Aniversario

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, estivo presente, como membro do Comité Executivo da Federación Española de Hostelería (FEHR), na recepción que a Federación mantivo coa súa Maxestade o Rei Felipe VI, con motivo do 40º aniversario da entidade asociativa. Durante o acto fíxoselle entrega […]

O Restaurante O Grelo permanecerá pechado ata o mércores 4 de abril

O Restaurante O Grelo, establecemento pertencente ao grupo Lecer, situado en Monforte de Lemos, informa a todos os seus clientes de que, por motivos de reformas, permanecerá pechado ata o mércores 4 de abril. Se estás pensando en achegarte a coñecer a Ribeira Sacra e as súas fermosas paisaxes, non perdas a ocasión de coñecer este […]

Abierta a convocatoria do Campeonato de España de Tapas para Gourmets 2018

Coa celebración dunha nova edición do Salón de Gourmets en Madrid, a principios do mes de maio, abriuse a convocatoria do Campeonato de España de Tapas para Gourmets 2018. O campionato convoca a cociñeiros profesionais que queiran demostrar o seu talento e creatividade na elaboración de tapas e a súa harmonía con algunha das tres […]

Xornada da Angula no restaurante O Barazal

O restaurante O Barazal proponche para o mes de abril un plan de luxo que non podes perder: a Xornada da Angula. Poderás atopala en dúas modalidades, ben en Cazola á Bilbaína por un prezo de 59 € ou en Ración con Ovos Rotos a un prezo de 30 €. A que esperas para degustar este […]

Comonacasa, novo establecemento do Grupo Lecer

Hoxe damos a benvida ao restaurante Comonacasa, que se incorpora ao grupo Lecer de establecementos certificados por Galicia Calidade. Nel degustarás diferentes propostas gastronómicas en varios espazos nos que poderás probar distintas tapas ou gozar dunha agradable velada nunha atmosfera cálida e relaxada. Se aínda non o coñeces, a que esperas para visitalo?

No restaurante do Hotel Monumento Pazo do Río, están esperándote!

Gustaríache degustar a cociña tradicional galega cun toque de innovación e unha presentación moi coidada? No restaurante do Hotel Monumento Pazo do Río están esperándote ao longo de toda esta semana! Poderás probar excelentes receitas feitas con produtos da terra de primeira calidade, e ademais elixir entre unha variedade de viños das rexións vinícolas galegas, así […]

O programa "Pescadores de historias" da TVG visita o restaurante A Mirandilla

O restaurante A Mirandilla, situado en Rinlo, comparte este vídeo do programa “Pescadores de historias” da TVG, no que poderás coñecer, da man dun matrimonio formado por un mariñeiro galego e unha percebeira asturiana, a orixe da cultura mariñeira galaico-asturiana, así como tamén probar a excelente proposta gastronómica que che ofrece o devandito establecemento pertencente […]

Menú degustación no Rincón da Baiúca

O Rincón da Baiúca, aloxamento rural pertencente ao grupo Lecer, elaborou un menú degustación para que, ademais de desfrutar das paisaxes e da natureza que che ofrece a Costa da Morte, goces da súa gastronomía nun ambiente próximo e acolledor na súa antiga casa de labranza situada na Baiúca, á entrada de Muxía. O prezo […]

Nova guía de enoturismo nas Rías Baixas do Hotel Bosqu Mar

Se es amante do viño e estás disposto a indagar nos segredos máis profundos do albariño, desde o Hotel Bosque Mar elaboraron unha guía de enoturismo nas Rías Baixas, na que incluíron unha selección de pobos e adegas próximas ao hotel para que poidas gozar e descubrir esta excelente variedade de uva coa que se elaboran […]

Desfruta da nova piscina dinámica do Hotel Augusta Spa Resort!

O Hotel Augusta Spa Resort aposta por mellorar a atención aos seus clientes ofrecéndolles un oasis de relaxación e serenidade, onde poderán recrearse e gozar das múltiples opcións de chorros, fervenzas, burbullas, etc. que este ofrece. Se decidiches reservar a túa estancia e pasar uns días no hotel, non esquezas darte un bo mergullo!

Yayo Daporta colabora no libro "Receitas para o recordo" da Federación Alzheimer Galicia

Yayo Daporta colaborou recentemente nun proxecto solidario desenvolvido pola Federación Alzheimer Galicia. Trátase dun libro de receitas, titulado “Receitas para o recordo”, onde as persoas maiores son os verdadeiros protagonistas. Tal e como se expuxo na súa presentación, o libro conta con testemuños de mulleres que forman parte das asociacións que pertencen á federación, e […]

Novos horarios do restaurante A Carballeira

Dende o restaurante A Carballeira, coa intención de informar aos seus clientes e mellorar a atención, comunican o novo horario de restaurante, sendo este de martes a domingo de 12:30 h a 16:00 h. Ademais, para todo o relacionado con celebracións: como vodas, bautizos, comuñóns, eventos, reunións de empresa…, o horario de atención será de […]

20% de desconto nas reservas do Hotel Bosque Mar

Dende o 23 ata o 31 de marzo poderedes aloxarvos no Hotel Bosque Mar, establecemento pertencente ao grupo Lecer e certificado co selo Galicia Calidade,  cun 20% de desconto se facedes a reserva a través da súa web. A que esperades? Hotel Bosque Mar | Tu hotel en O Grove: Disfruta tus vacaciones en Rías Baixas […]

Menú especial polo Día do Pai na Cantina Río Covés

Cantina Río Covés ofréceche hoxe un menú elaborado con motivo da celebración do Día do Pai. Desfruta deste día tan especial e déixate conquistar por esta antiga casa, que anos atrás foi estanco, cantina e almacén de sal.

Galicia, un bo exemplo da regulación exitosa das vivendas de uso turístico

Cesáreo Pardal, secretario del Clúster de Turismo de Galicia, participou nunha mesa de debate sobre a situación actual e as políticas de regulación das vivendas de uso turístico no marco das conferencias celebradas na Feira Internacional de Turismo ITB Berlín 2018. O presidente da Federación Española de Asociaciones de Viviendas Turísticas (FEVITUR), Tolo Gamila, felicitou […]

Celebra a túa Prevoda en Tamarindo

O máis importante de todo é pasalo o mellor posible! Por este motivo, Tamarindo ofréceche a posibilidade de celebrar a túa prebova no seu establecemento, con boa comida e boa música, e desfrutar cos teus amigos e familiares dunha festa marabillosa.

O Restaurante España estivo presente na primeira presentación pública da Indicación Xeográfica Protexida Vaca e Boi de Galicia

Onte o Restaurante España estivo presente na primeira presentación pública da Indicación Xeográfica Protexida Vaca e Boi de Galicia organizada polo Consello Regulador das IXPs de Carne de Vacún de Galicia. Actualmente esta IXP conta con 265 explotacións gandeiras inscritas e 19 industrias cárnicas, das cales catro xa están certificadas. En palabras do presidente do […]

O Bar Berberecho abre de novo as súas portas

Hoxe venres, o Bar Berberecho, establecemento pertencente ao grupo Lecer e certificado co selo Galicia Calidade, volve ao horario habitual de primavera, polo que poderás desfrutar durante as fins de semana das vistas ao porto de Sanxenxo e da súa cociña moderna. Están a esperarte!

Reapertura do Mesón A Cepa

Despois duns días de obras para realizar algúns cambios e proporcionarlle maior confort ao establecemento, o Mesón A Cepa abre as súas portas de novo mañá! A que esperas para ir! Xa está operativo o seu teléfono para reservas: 981663501

Novo folleto do Grupo Lecer

Aquí vos deixamos o novo folleto que elaborou Galicia Calidade, onde poderás atopar todos os establecementos pertencentes ao grupo ‘Lecer’. Ten un tamaño moi práctico, polo que poderás levalo contigo sempre que o necesites! A que esperas para coñecelos? Podes conseguilo en todos os establecementos deste grupo ou ben solicitalo privadamente no facebook de Galicia […]

Oferta de emprego no Hotel Spa Nanin

Buscan persoal de cociña con experiencia: Axudante de cociña, con experiencia mínima de 2 anos Cociñeiro, experiencia mínima de 3 anos. Se estás interesado e cumpres os requisitos, envía o teu CV a empleo@nanin.com A que esperas?

Celebra o Día do Pai no Restaurante O Grelo

Celebra o Día do Pai no Restaurante O Grelo, establecemento pertencente ao grupo Lecer, e desfruta coa túa familia deste día tan especial! Ademais, lembra que no propio restaurante tes a posibilidade de adquirir produtos típicos da zona de gran calidade! A que esperas para reservar a túa mesa? Chama ao 982 40 47 01

Estás a pensar en facer unha ruta e coñecer novos lugares en Galicia?

No apartado AS NOSAS RUTAS da web poderás ver as novas propostas que engadimos e decidir cal che gusta máis! Neste caso, as rutas engadidas foron: Un paseo pola historia, no apartado Galicia Secreta Polo corazón verde de Galicia, no apartado Fai unha ruta Pola ribeira do Miño, no apartado Para ir con nenos Elixe […]