O Restaurante España e o Restaurante Nito na Guía Conde Nast Traveler

O Restaurante España e o Restaurante Nito son dúas das recomendacións que ofrece a Guía Conde Nast Traveler se decidiches visitar a provincia de Lugo. Ambos forman parte do Grupo Lecer, certificados por Galicia Calidade, e neles poderás atopar produtos de calidade para que poidas desfrutar dos sabores galegos a través das mellores receitas. A […]

Yayo Daporta, presidente do concurso GourmeTapa1906

Onte tivo lugar o concurso GourmeTapa 1906, Campionato de España de Tapas para Gourmets, que busca recoñecer o talento dos cociñeiros que elaboren a mellor tapa que harmonice cunha das cervexas Estrella Galicia pertencente á gama 1906, a gama máis persoal de Hijos de Rivera. O chef Yayo Daporta, foi o presidente do xurado, integrado por […]

O Restaurante España participa nunha masterclass no Salón de Gourmets 2018

Onte abriu as súas portas unha nova edición do Salón de Gourmets, Feira de Alimentación e Bebidas de Calidade, que ata o xoves desta semana ofrecerá as mellores mostras delicatessen do mundo. Todos os que visiten a feira atoparanse con máis de 1.600 expositores, 40.000 produtos e 1.300 novidades que marcarán as tendencias culinarias de 2018. O […]

O Restaurante A Mirandilla de Rinlo un dos 10 restaurantes que non te debes perder en Galicia!

A Guía Conde Nast Traveler inclúe o Restaurante A Mirandilla de Rinlo nunha listaxe cos 10 restaurantes que non te debes perder en Galicia! Restaurante, as súas cociñeiras e cociñeiros… con todo o que se lle pide a unha boa mesa: deseño, bo produto e mellor man na cociña. Non os perdas de vista… http://www.traveler.es/gastronomia/articulos/restaurantes-emergentes-galicia/12435

O Restaurante España no programa Larpeiros e en España Directo

O programa Larpeiros da TVG escolleu ao Restaurante España para dar a coñecer a importancia da carne de boi galega, desde que comezan coa crianza dos animais ata que chega ao prato dos comensais. No vídeo poderedes ver os irmáns López e o seu pai, na leira de Portomarín, onde se crían os bois, e ademais cociñando […]

Cea maridaxe no Restaurante Bido o xoves 26 de abril

Mañá xoves, ás 21:00 h, non podes perder a cea maridaxe que che ofrece o Restaurante Bido na Coruña. Poderás degustar a exquisita carne de boi cociñada por Héctor López, do Restaurante España, acompañada de viños da Adega Margón. Aínda o estás pensando? Non deixes pasar esta ocasión! Aínda quedan prazas, chama e reserva!

Produtos galegos de calidade presentes en Alimentaria 2018

Alimentaria 2018, feria líder de alimentación, bebidas e gastronomía en España, contou con case 4.000 expositores e máis de 140.000 visitantes. Nela estiveron presentes produtos galegos de calidade, como bebidas espirituosas, ovos da Granja Campomayor, carne de vacún galega, que visitaba por primeira vez a feira, e facíao no pavillón Intercarn, os xamóns de Torre […]

Desfruta da carne á brasa e á grella no Asador Vaca Vella

O Asador Vaca Vella está especializado en carne de vaca vella á brasa e cociña da terra á grella. Destacan cortes de carne como s costeleta, entrecosto, solombo, churrasco, picaña ou croca. Pero tamén se poden degustar peixes frescos e outros platos deliciosos. Aínda no tes plans para esta fin de semana? Chama e reserva!

Entrevista a Héctor López, do Restaurante España, no programa Labranza

Héctor López, do Restaurante España (Lugo), foi entrevistado no programa ‘Labranza’ da TVG, onde falou da importancia da IXP (Indicación Xeográfica Protexida) da Vaca e Boi de Galicia, unha carne de vacún exclusiva, na que o animal naceu, criouse e foi sacrificado en Galicia.  En palabras do cociñeiro: “é carne galega cento por cento”.

A FIAB impulsará en 2018 a actividade exportadora do sector a través de máis de 65 accións internacionais.

O obxectivo principal deste calendario de promoción internacional é facilitar a proxección no exterior da industria da alimentación e bebidas nos oito mercados principais establecidos pola Federación. A feira  ‘Winter  Fancy  Food Show’ de San Francisco foi a primeira parada deste ambicioso programa que, ao longo de todo o ano, desenvolverá accións clave para a […]

Iñaki Bretal presenta en Madrid Fusión a calidade dos produtos galegos

Con 16 anos de historia, Madrid Fusión é unha das citas mais relevantes do mercado gastronómico español e internacional. Nesta ocasión, contou cun programa con máis de un cento de ponencias de grandes chefs ata hoxe día 24. A axenda do congreso contou coa participación dos chefs españois máis relevantes como Andoni Luis Anduriz, Joan […]

Cantina Río Covés recibiu ao programa “Casa de Comidas” da TVG

O programa “Casa de Comidas” que percorre Galicia na procura daqueles locais que levan facendo as delicias dos comensais grazas ás súas receitas, baseadas na cociña tradicional de sempre, fixo parada a pasada semana en Pontedeume, concretamente na Cantina do Río Covés. O establecemento, pertencente ao grupo Lecer e certificado co selo Galicia Calidade, iniciou […]

Galicia aposta por un turismo respetuoso e de calidade na 38º edición de Fitur

A Feira Internacional de Turismo (FITUR) abriu onte as súas portas sendo a edición máis tecnolóxica de todas as celebradas ata agora e contando con máis superficie e expositores que en anos anteriores. O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, aseverou onte en Fitur 2018, que a Comunidade seguirá apostando por un turismo respectuoso […]