AS NOSAS RUTAS
-
A pé
Ruta dos Pazos e Ponte Taboada de Lalín
DIFICULTADE: Media
DURACIÓN: 3,5 horas
DISTANCIA: 14 kms
GASTRONOMÍA
Ameixas á mariñeira
por Recetas de Rechupete
Novas

Os restaurantes Galicia Calidade Lecer implementan novos servizos para levar a mellor cociña galega aos fogares de forma segura
Os establecementos gastronómicos que gozan do selo Galicia Calidade Lecer reduciron a súa actividade tras o peche temporal da hostalería con motivo do #Covid19, pero seguen ofrecendo o mellor da cociña galega a través de dous novos servizos: o servizo de recollida “para levar” e o servizo de entrega a domicilio. Estes son os establecementos que xa ofertan algúns destes servizos: Restaurante El Coto: servizo a domicilio e de recollida. Restaurante A Taberna: servizo a domicilio e de recollida. Restaurante O Barazal: servizo a domicilio e de recollida. Bodeguilla de Santa Marta: servizo a domicilio e de recollida. Restaurante Paprica: servizo a domicilio e de recollida. A Cantina Río Covés: liña especial de servizo a domicilio e recollida. Restaurante El Refugio: servizo de recollida por encargo. Restaurante España: servizo a domicilio e de recollida. Mesón A Cepa: (a partir do 5 de febreiro) servizo a domicilio e de recollida. Restaurante Bido: servizo a domicilio. Os restaurantes seguen un protocolo de limpeza, hixiene e distanciamento físico que permitirá aos clientes gozar da mellor cociña sen saír de casa e de xeito seguro.

Cociñeiros con máis de 30 Estrelas Michelin amosan o seu apoio ao Xacobeo 2021 no proxecto ‘Estrelas solidarias no Camiño’
Cociñeiros con máis de 30 Estrelas Michelin amosaron o seu apoio ao Xacobeo 2021 no marco do proxecto Estrelas Solidarias no Camiño, organizado polo restaurante Casa Barqueiro. Dentro desta iniciativa, algunhas das figuras máis prestixiosas do mundo da cociña como Martín Berasategui, Eneko Atxa, Jordi Cruz, os irmáns torres ou Elena Arzak realizaron unha andaina pola ruta de Fisterra e Muxía desde Ponte Maceira e, posteriormente, participaron nun percorrido-degustación con máis dunha ducia stands de produtos enogastronómico e de Galicia Calidade. O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, subliñou o potencial deste tipo de proxectos á hora de impulsar o Ano Santo e favorecer a súa proxección exterior. Neste sentido, agradeceu o interese dos cociñeiros participantes o seu respaldo ao Camiño de Santiago no marco deste proxecto, que –puntualizou– reúne valores como a enogastronomía, o impulso á Ruta Xacobea ou a solidariedade, xa que os seus beneficios irán destinados a Cáritas. Segundo precisou, accións como Estrelas Solidarias no Camiño permiten dar un paso máis no obxectivo de poñer en marcha un Xacobeo 2021 que supoña un motor de reactivación económico, cultural e turístico tras a crise sanitaria sen perder de vista principios como o apoio a quen […]

Galicia Calidade colabora nun encontro gastronómico solidario que reunirá a cociñeiros con máis de 30 Estrelas Michelin
O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, presentou hoxe Estrelas Solidarias no Camiño, un evento gastronómico organizado polo restaurante Casa Barqueiro de Negreira que reunirá en Galicia o vindeiro 10 de agosto a varios dos cociñeiros españois máis prestixiosos e recoñecidos pois, en conxunto, suman máis de 30 Estrelas Michelin. A traxectoria e hospitalidade que brindan Rogelio e Francisco Rial volverá congregar a chefs como Martín Berasategui, Jordi Cruz, Juan Mari Arzak, os irmáns Torres, Eneko Atxa, Jesús Sánchez, Marcos Granda ou os galegos Manuel Costiña e Miguel Ángel Campos, ambos do Grupo Nove. Todos estarán en Estrelas Solidarias no Camiño, unha cita na que colabora a Xunta de Galicia e cuxos beneficios irán destinados a Cáritas. “Esta iniciativa aséntase sobre algúns dos piares que nos identifican como pobo e nos permite fomentar algunhas das cousas das que nos sentimos máis orgullosos, a nosa gastronomía, o noso patrimonio ou a nosa cultura”, subliñou Román Rodríguez sobre un “evento que fusiona a solidariedade, a gastronomía e o Camiño de Santiago”. Peregrinos e embaixadores Ao respecto, agradeceu o traballo dos irmáns Rial, propietarios do restaurante Casa Barqueiro, como “anfitrións e exemplo de dedicación” que, desde hai xa varios anos, reúnen a esta “constelación de Estrelas Michelin” nunha iniciativa á que se suma agora o […]

Galicia calidade incorpora catro novas empresas alimentarias á marca e aumenta o número de produtos certificados
Galicia Calidade incorporou catro novas empresas do sector alimentario á marca de garantía galega. As empresas Viña Costeira, Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, Freshcut, e José Manuel Ferro Lago (Pementos Carmucha) acadaron a certificación de Galicia Calidade, dependente da Xunta de Galicia, que avala xa a máis de 120 empresas de diferentes sectores. No sector vitivinícola, a Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro – Viña Costeira únese ao clube das empresas certificadas coa incorporación de viños elaborados nas súas adegas de Ribadavia e Petín. Pola súa banda, a Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia acadou a licenza de garantía para o berberecho comercializado coa marca colectiva Berberecho de Noia. Rías Gallegas. Pesca Artesanal. No subsector das froitas, a empresa Freshcut incorporou o selo Galicia Calidade para os seus purés de froita elaborados en Vigo e comercializados coa marca ‘Galifresh’. E no tocante ao subsector das hortalizas, a nova incorporación vén da man da empresa Jose Manuel Ferro Lago, que incorpora o selo de garantía para os seus pementos de Herbón comercializados coa marca Pementos Carmucha. Ademáis das novas incorporacións, Galicia Calidade suma novos produtos certificados de oito empresas do sector alimentario e hostaleiro que xa contaban co selo de garantía. No sector alimentario ampliaron o alcance da licenza os produtos cárnicos de Coren, os iogures e leites fermentados […]

Casa de Cacheiro, primeiro aloxamento rural de España certificado coa Q Sostible
O Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) distinguiu ao establecemento Casa de Cacheiro de Silleda como o primeiro aloxamento rural de España certificado baixo a norma UNE- ISO 21401:2019 de aloxamento sostible. Obter a Marca Q fronte á Norma UNE- ISO 21401 garante a implementación, mantemento e mellora continua dun sistema de xestión enfocado a ser cada vez máis sostible. Coa certificación, Casa de Cacheiro ve recoñecida a súa aposta pola sustentabilidade, protección do medio ambiente e mellora continua do sistema de xestión de sustentabilidade. Algúns dos requisitos esixidos para a obtención da distinción son: dispoñer de empregados comprometidos, unha información documentada, controlada e actualizada, así como unha correcta comunicación entre todos os membros da organización. Ademais, inclúense aquelas cuestións crave que o aloxamento debe ter en conta á hora de avaliar a importancia que teñen as súas actividades, produtos e servizos no desenvolvemento sostible do establecemento. Un establecemento rural ‘Galicia Calidade’ Falar de Casa de Cacheiro é falar dun referente en turismo rural que conta con 25 anos de historia. Desde a 2007 conta co respaldo da marca de garantía de Galicia, converténdose na primeira empresa da comarca do Deza en recibir esta distinción.

Nova etapa do Augusta Eco Wellness Resort
O Augusta Spa Resort de Sanxenxo anuncia a súa (re)evolución natural ata transformarse no renovado Augusta Eco Wellness Resort no comezo dunha nova e ilusionante etapa. Esta nova etapa inclúe a aposta reforzada pola cultura do benestar e a saúde nunha contorna sostible. Contan con máis de 17.500 m2 dedicados de maneira total ao relax e goce da cultura da auga e a inmensa saúde e benestar que esta proporciona, en pleno corazón das Rías Baixas. Desde o complexo hostaleiro fan unha reflexión acerca dos duros meses pasados e o ilusionante futuro que chega, sinalando que “chegan días de luz, de deixar o túnel atrás, de renderse ao verán e mudar a pel. Volvemos mellores e, sobre todo, volvemos entendendo que o que dabamos por feito, o que nos parecía normal, é realmente extraordinario”. En redes sociais, o establecemento integrado en Galicia Calidade Lecer agradece a implicación de todo o equipo, os clientes e amigos. Compañeiros de viaxe sen os cales chegar ata aquí non sería posible.