20 aniversario do Augusta Spa Resort

20 aniversario do Augusta Spa Resort

24/06/2019 - 12:05

O  Augusta Spa Resort, o maior centro spa de Galicia e que conta coa garantía Galicia Calidade, celebrou o seu 20 aniversario anunciando unha importante transformación, que o converterá no primeiro 5 estrelas de Sanxenxo. Anunciouno durante a festa do vinte aniversario do establecemento o seu director xeral, José Manuel Otero, que fixou para dentro […]

Augusta Spa Resort, o maior centro spa de Galicia e que conta coa garantía Galicia Calidade, celebrou o seu 20 aniversario anunciando unha importante transformación, que o converterá no primeiro 5 estrelas de Sanxenxo.

Anunciouno durante a festa do vinte aniversario do establecemento o seu director xeral, José Manuel Otero, que fixou para dentro de dous anos cando a localidade teña o seu primeiro cinco estrelas.

O  Augusta Spa Resort incorporará un equipo médico que deseñe as súas terapias, nunha iniciativa pioneira no noroeste  penisular e que evolucionará a súa actual oferta de actividades e servizos de carácter lúdico cara a unha cultura do benestar, integrando na súa oferta hostaleira medicina  integrativa, envellecemento saudable, alimentación terapéutica e formación.