25 cociñeiros galegos recibiron a chaqueta deseñada por Juan Duyos para a Guía Repsol

25 cociñeiros galegos recibiron a chaqueta deseñada por Juan Duyos para a Guía Repsol

28/05/2018 - 14:00

O acto, celebrado na Fundación Luís Seoane, serviu para presentar esta innovadora chaqueta, así como para reunir nun só lugar a algúns dos cociñeiros de máis prestixio da nosa Comunidade. Trátase dunha vestimenta creada con materiais reciclados e que mostra unha gran resistencia á calor. Ademais, o seu tecido non se mancha e deixa que […]

O acto, celebrado na Fundación Luís Seoane, serviu para presentar esta innovadora chaqueta, así como para reunir nun só lugar a algúns dos cociñeiros de máis prestixio da nosa Comunidade. Trátase dunha vestimenta creada con materiais reciclados e que mostra unha gran resistencia á calor. Ademais, o seu tecido non se mancha e deixa que os líquidos escorreguen por el.

En total, recibiron esta distinción 500 restaurantes en España, dos cales 25 son galegos. De feito, a nosa Comunidade foi a terceira de toda a xeografía nacional en recibir a entrega da chaqueta aos cociñeiros con Soles Repsol. Dous restaurantes recibiron este ano o seu primeiro Sol: Bido e Tira do Playa, ambos na Coruña.