A FIAB impulsará en 2018 a actividade exportadora do sector a través de máis de 65 accións internacionais.

A FIAB impulsará en 2018 a actividade exportadora do sector a través de máis de 65 accións internacionais.

30/01/2018 - 13:00

O obxectivo principal deste calendario de promoción internacional é facilitar a proxección no exterior da industria da alimentación e bebidas nos oito mercados principais establecidos pola Federación. A feira  ‘Winter  Fancy  Food Show’ de San Francisco foi a primeira parada deste ambicioso programa que, ao longo de todo o ano, desenvolverá accións clave para a […]

O obxectivo principal deste calendario de promoción internacional é facilitar a proxección no exterior da industria da alimentación e bebidas nos oito mercados principais establecidos pola Federación. A feira  ‘Winter  Fancy  Food Show’ de San Francisco foi a primeira parada deste ambicioso programa que, ao longo de todo o ano, desenvolverá accións clave para a consolidación dunha industria cada vez máis internacional. Así, o sector estará presente en 2018 en Europa, América do Norte, América Central e do Sur, África, Asia, China e Taiwan (de maneira particular), Oriente Próximo e Oceanía.

Mauricio García Quevedo, director xeral da FIAB, sinala que “É imprescindible garantir o achegamento das pequenas e medianas empresas a este tipo de actividades debido a que facilita o seu acceso a unha ferramenta clave para mellorar a súa competitividade”, facendo fincapé no que supón o mercado internacional como alicerce básico de crecemento do sector e da economía española en xeral.

Un dos eixos salientados pola FIAB é a diversificación da actividade exportadora cara a mercados emerxentes co obxectivo de fortalecer a internacionalización da empresa española en 2018. Sudáfrica, Malaisia e Tailandia, Irán, Arabia  Saudita, Corea do Sur ou Perú serán algúns dos destinos onde está previsto impulsar a presenza do sector, alcanzando así novas zonas xeográficas de grande interese, sobre todo para a pequena e mediana empresa.

O mercado norteamericano foi o primeiro destino co que a FIAB inaugurou o seu programa internacional, cun total de 27 empresas exportadoras que participaron na  ‘Winter  Fancy  Food Show’ de San Francisco, a feira máis importante da Costa Oeste de USA, especializada en produtos  gourmet e delicatessen.

Hai un par de anos, en 2016, Estados Unidos consolidouse como primeiro socio extracomunitario, cun valor de 1.542 millóns de euros exportados, cunha evolución das vendas neste mercado que alcanzaron un 10% en 2017, cifra que permitiu seguir a confiar neste mercado e no seu potencial para a industria da alimentación e das bebidas española. Ademais, o forte interese polo produto español dentro dos máis tradicionais, así como naqueles máis novos e especializados ao abeiro da marca España, sentaron as bases dun destino cada vez máis afianzado para as exportacións españolas de alimentación e bebidas.