Galicia Calidade certifica a calidade, avalada pola orixe galega, a elaboración en Galicia, a materia prima ou o deseño galego, dos produtos e servizos que sexan merecentes desta distinción, despois de contrastada mediante os controis establecidos.

As condicións para que os produtos e servizos poidan obter o selo de garantía están establecidos no Regulamento de Uso da Marca de Garantía e nos pregos de condicións.

  • Os produtos agrícolas e agroalimentarios producidos en Galicia, despois de superaren os requisitos de control de calidade establecidos por Galicia Calidade. Aqueles que están acollidos a un selo de calidade de orixe, como as denominacións de orixe, as indicacións xeográficas protexidas, etc. poden acceder a el tras formalizar a solicitude de entrada e sempre que respecten os pregos de condicións establecidos pola marca de garantía.
  • Os produtos alimentarios que sexan elaborados en Galicia con materias primas principais de orixe galega, cando estas lle proporcionen valor engadido ou cando exista un sector produtivo de interese socioeconómico para Galicia (produtos lácteos, madeira, etc.).
  • As empresas de servizos que conten con selos de calidade recoñecidos e homologados, como a Q de calidade para os establecementos turísticos, poderán ser certificadas por Galicia Calidade sempre e cando respecten os pregos de condicións establecidos.
  • Aqueles produtos elaborados a partir do deseño e creación de empresas galegas e que xeran valor engadido intrínseco (know how, tradicións, etc.) en Galicia (moda, construción naval, automoción, etc.).

Quen pode acceder
Poderán optar ao selo Galicia Calidade os produtos das empresas:

  • Establecidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Que conten con centro de produción en Galicia
  • Que transformen os produtos en Galicia

As empresas deben respectar os pregos de condicións aprobados por Galicia Calidade para cada sector e someterse a auditorías periódicas.

Galicia Calidade

  • selo de garantía
    para produtos ou servizos que destacan polos seus atributos de calidade
  • control de calidade
    que garantan tanto a orixe como as características
  • recoñecemento
    a marca ten unha valoración moi positiva polos consumidores
  • promoción
    investimento constante que repercute nas entidades adheridas
  • acción
    co obxectivo de favorecer as empresas adheridas
  • promoción extra
    as accións promocionais supoñen unha gran oportunidade
  • presenza
    destacada nas feiras agroalimentarias
  • captación
    participación en campañas educativas e deportivas para o cliente final
  • facilidade
    na tramitación do selo de calidade