A oferta turística galega estará presente en 2018 en 38 feiras nacionais e internacionais

A oferta turística galega estará presente en 2018 en 38 feiras nacionais e internacionais

12/02/2018 - 13:26

A oferta turística galega estará presente a través da Axencia de Turismo de Galicia nun total de 38 grandes citas sectoriais ao longo de 2018, algunhas das cales xa se desenvolveron con Fitur ou Xantar. En total serán 13 as feiras nacionais e 25 as internacionais nas que participe Turismo de Galicia achegando os produtos […]

A oferta turística galega estará presente a través da Axencia de Turismo de Galicia nun total de 38 grandes citas sectoriais ao longo de 2018, algunhas das cales xa se desenvolveron con Fitur ou Xantar. En total serán 13 as feiras nacionais e 25 as internacionais nas que participe Turismo de Galicia achegando os produtos turísticos e a oferta turística multiexperiencial de Galicia, baseada nun turismo slow e de calidade. Este calendario de eventos, que pode consultarse en en canle profesional da web www.turismo.gal está, con todo, suxeito a posibles cambios, polo que é aconsellable visitar a web para comprobar os posibles cambios que se poidan producir.

A Axencia de Turismo de Galicia ofrece a posibilidade ás empresas e entidades públicas de enviar material promocional da súa oferta turística a algún certame para que se distribúa desde o espazo galego, para o que deberán facelo antes da data límite indicada para cada feira, na dirección: Almacéns de Turismo de Galicia. Estrada Santiago-Noia, km.3. 15897 Santiago de Compostela. O material será remitido pórtela pagos, en sobres ou paquetes manexables e separados por cada certame, indicando no exterior o nome da feira ao que vai destinado e datos do remitente.