A candidatura da Ribeira Sacra logra finalmente dar o último paso e estar entre as 24 propostas de inscrición elixidas para ser presentada e sometida a estudo e debate na 45ª sesión do Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO, que se celebrará en sede aínda por determinar durante 2021. A paisaxe cultural galega acaba de lograr ser aceptada […]
A candidatura da Ribeira Sacra logra finalmente dar o último paso e estar entre as 24 propostas de inscrición elixidas para ser presentada e sometida a estudo e debate na 45ª sesión do Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO, que se celebrará en sede aínda por determinar durante 2021.
A paisaxe cultural galega acaba de lograr ser aceptada como a proposta de España para esta sesión, e entra en avaliación para a súa posible inclusión na prestixiosa Lista do Patrimonio Mundial, da que xa forman parte na nosa Comunidade, a Cidade Vella de Santiago, o Camiño Francés, os Camiños do Norte, a Muralla de Lugo e a Torre de Hércules.
A Xunta de Galicia congratúlase desta boa nova, froito do traballo e esforzo conxunto das administracións e a sociedade civil, e que abre importantes perspectivas de crecemento e desenvolvemento sostible para este territorio; agradecendo especialmente a participación das deputacións de Ourense e Lugo, dos concellos da contorna e das diferentes entidades locais, como o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, entre outras, que, co seu traballo, lograron crear as condicións axeitadas para o desenvolvemento do expediente.