Dentro do seu plan de actividades culturais, a Bodeguilla de San Lázaro recibe esta semana na súa Sala de Catas a unha adega situada en Borja, na rexión de Moncayo, Provincia de Zaragoza, D. O. Campo de Borja coñecido como o “Imperio da Garnacha”, Bodegas Borsao. Trátase dun dos principais produtores de Garnacha do mundo. […]
Dentro do seu plan de actividades culturais, a Bodeguilla de San Lázaro recibe esta semana na súa Sala de Catas a unha adega situada en Borja, na rexión de Moncayo, Provincia de Zaragoza, D. O. Campo de Borja coñecido como o “Imperio da Garnacha”, Bodegas Borsao.
Trátase dun dos principais produtores de Garnacha do mundo. José Luis Truyen, responsable comercial de bodega acompañará aos asistentes para compartir con todos as virtudes desta caste tinta (Garnacha) a máis plantada do mundo, como así tamén as demais elaboracions que realizan na adega.
A cita terá lugar o mércores 10 de abril ás 20:30 horas na sala de catas da Bodeguilla de San Lázaro.