Na celebración da súa gala final, o vindeiro luns 19 de febreiro a partir das 19:30 na Finca Montesqueiro de Oleiros, reputados chefs serán os encargados de facer entrega do III Premio Incitus ao mellor proxecto hosteleiro do ano. Estes premios apoian proxectos con sede en Galicia que apostaten pola innovación, a creatividade e o […]
Na celebración da súa gala final, o vindeiro luns 19 de febreiro a partir das 19:30 na Finca Montesqueiro de Oleiros, reputados chefs serán os encargados de facer entrega do III Premio Incitus ao mellor proxecto hosteleiro do ano.
Estes premios apoian proxectos con sede en Galicia que apostaten pola innovación, a creatividade e o emprendemento, xunto a unha imaxe de marca sólida e un punto de venda con personalidade propia e diferenciada. Esta edición, contou con patrocinadores como Estrella Galicia, Cash Record, Cafés Candelas e Caixa Bank.
Os tres proxectos finalistas son os seguintes:
- Nana Pancha, unha cantina mexicana da Coruña, onde a tradición se mestura coa paixón pola comida da que se desfruta en forma de taco.
- Ramen Bar Fuji, restaurante temático de comida rápida xaponesa situado en Vigo, no que se pode gozar de orixinais receitas niponas con base nos famosos fideos ramen.
- Sweet Bite, restaurante especializado en sobremesas e cociña doce, centrado na elaboración propia de repostería artesá, saudable e innovadora.
O premio consiste na concesión de numerosos servizos de balde para que o gañador poda comezar a súa aventura empresarial da maneira máis rápida e menos costosa e ademais, unha decena de empresas especializadas en hostelería (márketing, comunicación, interiorismo, publicidade, vendas, etc.) traballarán no proxecto elixido para facilitar a súa apertura.