Coa celebración dunha nova edición do Salón de Gourmets en Madrid, a principios do mes de maio, abriuse a convocatoria do Campeonato de España de Tapas para Gourmets 2018. O campionato convoca a cociñeiros profesionais que queiran demostrar o seu talento e creatividade na elaboración de tapas e a súa harmonía con algunha das tres […]
Coa celebración dunha nova edición do Salón de Gourmets en Madrid, a principios do mes de maio, abriuse a convocatoria do Campeonato de España de Tapas para Gourmets 2018. O campionato convoca a cociñeiros profesionais que queiran demostrar o seu talento e creatividade na elaboración de tapas e a súa harmonía con algunha das tres variedades de cervexa do patrocinador, neste caso son as cervexas da gama 1906 de Hijos de Rivera: 1906 Reserva Especial, 1906 Red Vintage e 1906 Black Coupage.
A convocatoria do concurso estará aberta ata o mediodía do próximo martes, 3 de abril de 2018. A partir das 12:00 h xa non se aceptarán máis inscricións. Poden participar neste campionato cociñeiros en activo de todo o territorio nacional en representación do establecemento no que desenvolven o seu traballo. Para facelo, deberán crear unha tapa que harmonice coas cervexas 1906; pero, ademais, o xurado valorará que esta bebida tamén se integre como un ingrediente máis na creación. O resto dos ingredientes e temática da tapa é libre.
De todas as inscricións recibidas, seleccionaranse 12 participantes, valorando a orixinalidade, a presentación, os ingredientes utilizados, a territorialidade e o tamaño da tapa, e, á vez, tratarase de que haxa representación do maior número posible de comunidades autónomas. Os seleccionados para participar no Campeonato de España de Tapas para Gourmets 2018 daranse a coñecer o 6 de abril, a mesma data na que se lles comunicará a estes por correo electrónico.
A inscrición neste concurso de cociñeiros é gratuíta e pódese realizar a través da web do Salón de Gourmets. Simplemente hai que cubrir a ficha de inscrición coa receita completa, unha foto da presentación da tapa e o curriculum vitae do cociñeiro. Os seleccionados deberán presentarse o día do concurso unha hora antes da súa quenda de participación, e deberán levar todos os ingredientes necesarios, agás a cervexa, para a elaboración dun mínimo de 20 tapas iguais.
A que esperas para demostrar o teu talento?