Reforma-Tur 19, o programa de axudas para adquisición de materiais para a reforma de establecementos hoteleiros en Galicia posto en marcha polo Igape, amplía os seus prazos para incrementar no posible a oportunidade de acollerse ás axudas por parte dos seus beneficiarios. Segundo se recolle na Resolución do 22 de marzo de 2019, os establecementos […]
Reforma-Tur 19, o programa de axudas para adquisición de materiais para a reforma de establecementos hoteleiros en Galicia posto en marcha polo Igape, amplía os seus prazos para incrementar no posible a oportunidade de acollerse ás axudas por parte dos seus beneficiarios.
Segundo se recolle na Resolución do 22 de marzo de 2019, os establecementos hoteleiros galegos poden solicitar a axuda Reforma-Tur ata o 30 de maio de 2019. O prazo de execución do proxecto, entendido como o prazo en que se deben ter adquiridos os bens subvencionables, amplíase ata o 14 de xuño de 2019.
En que consisten as axudas do Reforma-Tur?
Son axudas do IGAPE a hoteis, albergues e casas de turismo rural para realizar reformas, tramitadas directamente polos establecementos de venta de material e complementadas con descontos directos na factura, que se traducen nun aforro do 50% na adquisición dos bens subvencionables.
Os potenciais beneficiarios son establecementos hoteleiros cun máximo de 40 habitación, establecementos de Turismo Rural segundo o Decreto 191/2004 situados no Camiño de Santiago e albergues privados situados no Camiño de Santiago.
Para máis información, pódese consultar a convocatoria de axudas na web do Igape.