Aprendendo cada día dos cociñeiros dos establecementos Lecer

Aprendendo cada día dos cociñeiros dos establecementos Lecer

06/09/2017 - 16:42

No seu afán por sacar “o mellor do mellor produto”, Iñaki Bretal, cociñeiro de O Eirado da Leña,  levou a cabo un curso sobre peixe en México coa Universidade de gastronomía Claustro de Sor Juana. Por outra banda, durante o primeiro fin de semana de setembro, atopamos a Yayo Daporta na xornada “Vive azul de […]

No seu afán por sacar “o mellor do mellor produto”, Iñaki Bretal, cociñeiro de O Eirado da Leña,  levou a cabo un curso sobre peixe en México coa Universidade de gastronomía Claustro de Sor Juana.


Por outra banda, durante o primeiro fin de semana de setembro, atopamos a Yayo Daporta na xornada “Vive azul de Portosín 2017”, unha xornada que conta cun gran número de actividades que viran en torno ao peixe azul, onde levou a cabo un showcooking cunha Xarda mariñada e asada na sala de catas da carpa “Vive Azul de Portosín”.