As expectativas do turista son cada vez máis altas no que se refire ás comodidades e servizos que espera do seu aloxamento

As expectativas do turista son cada vez máis altas no que se refire ás comodidades e servizos que espera do seu aloxamento

12/06/2018 - 12:07

Segundo un informe elaborado por Eurostars Hotels, a partir dun cuestionario realizado a nivel mundial entre os seus usuarios e que responderon máis de 3.000 clientes, os factores que máis valora o viaxeiro no hotel son gozar dun bo descanso e sentirse “como en casa”, coas facilidades que iso comporta; entre as que se inclúen dispor […]

Segundo un informe elaborado por Eurostars Hotels, a partir dun cuestionario realizado a nivel mundial entre os seus usuarios e que responderon máis de 3.000 clientes, os factores que máis valora o viaxeiro no hotel son gozar dun bo descanso e sentirse “como en casa”, coas facilidades que iso comporta; entre as que se inclúen dispor dun bo colchón e roupa de cama agradable (32%), contar cun bo almorzo variado e de calidade con produtos frescos e alimentos locais típicos da zona (30%) e dispor dunha boa conexión wifi (15%). E é que o viaxeiro ten cada vez máis en conta factores engadidos na elección do hotel, que van máis aló da súa localización e prezo, como son os servizos que se ofrecen como actividades complementarias, a dispoñibilidade de restaurantes e propostas gastronómicas de valor ou o nivel de sofisticación das súas instalacións fitness.

Por riba das actividades de lecer, un bo reflexo de que nos atopamos nunha sociedade onde a conectividade e o acceso á tecnoloxía teñen un papel fundamental para “sentírmonos coma en casa” é o feito de que o 51% de enquisados afirma que a conexión wifi de alta velocidade resulta decisiva na elección do hotel. Esta cifra atópase por encima do feito de contar cun reputado restaurante no mesmo hotel (26%) ou de instalacións fitness no recinto (23%).

O estudo tamén recolle que para os hóspedes é importante dispor de adaptadores para a carga e conexión dos seus dispositivos tecnolóxicos persoais, mesmo por enriba de contar con elementos de domótica nas habitacións, como o control lumínico e de temperatura ou a posibilidade de realizar o check-in en liña ou a existencia de quioscos de auto check-in no mesmo hotel.