O turismo rural viviu en 2017 un bo ano en canto á evolución de prezos, cun 62,1% de aloxamentos que os manteñen sen cambios e un 21,8% que os subiron, fronte ao 16,1% que os alterou á baixa, segundo o estudo do Observatorio del Turismo Rural (OTR), proxecto de investigación liderado polo portal EscapadaRural.com, a […]
O turismo rural viviu en 2017 un bo ano en canto á evolución de prezos, cun 62,1% de aloxamentos que os manteñen sen cambios e un 21,8% que os subiron, fronte ao 16,1% que os alterou á baixa, segundo o estudo do Observatorio del Turismo Rural (OTR), proxecto de investigación liderado polo portal EscapadaRural.com, a escola CETT-UB e a empresa Netquest.
No caso de Galicia, a situación é case idéntica. Se se comparan os dattos cos do OTR anterior, de 2015, un 26% dos propietarios deste tipo de aloxamentos puido incrementar os seus prezos en 2017.
Esta tendencia apunta á recuperación do sector, onde a estabilidade en termos de ocupación en datas clave se combina con este incremento tarifario, deixando atrás a recesión e desvalorización de oferta.
En Galicia Calidade, contamos con seis aloxamentos rurais que forman parte do Grupo ‘Lecer’, entre eles Casa das Xacias, Casa Vixide, Casa Rural Abadía Eiras, Casa de Cacheiro, A Parada das Bestas e O Rincón da Baiúca. Todas eles contan con selos de calidade recoñecidos e homologados (como, por exemplo, o Q de calidade) e ofrecen aos viaxeiros e viaxeiras a oportunidade de estar en contacto coa natureza e gozar da tranquilidade e da boa gastronomía características da nosa Comunidade.