Caixabank e a Xunta acordan poñer a disposición do sector turístico unha liña de financiamento de 1000 millóns de euros para preparar o Xacobeo 21

Caixabank e a Xunta acordan poñer a disposición do sector turístico unha liña de financiamento de 1000 millóns de euros para preparar o Xacobeo 21

18/06/2019 - 17:49

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o director territorial de CaixaBank en Galicia, Emilio Barreiro, subscribiron un acordo de colaboración que recolle o compromiso da entidade de lanzar unha liña de financiación para os aloxamentos turísticos vinculados ao Camiño de Santiago que renoven os seus establecementos de cara á celebración do Xacobeo […]

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o director territorial de CaixaBank en Galicia, Emilio Barreiro, subscribiron un acordo de colaboración que recolle o compromiso da entidade de lanzar unha liña de financiación para os aloxamentos turísticos vinculados ao Camiño de Santiago que renoven os seus establecementos de cara á celebración do Xacobeo 2021.

CaixaBank, a través de Hotel&Tourism, a súa liña de negocio especializada no sector turístico, porá 1000 millóns de euros a disposición das empresas turísticas que forman parte de todas as rutas do Camiño para contribuír así á mellora da súa actividade comercial.

Plan Estratéxico do Xacobeo 21
A celebración do vindeiro Ano Santo preséntase como unha oportunidade única para impulsar o turismo galego propoñendo un modelo sustentable, profesional e competitivo. Por iso, ás portas do Xacobeo 21, a Xunta traballa intensamente para conseguir organizar un evento transversal con resultados permanentes para Santiago de Compostela, Galicia e o conxunto do Estado.

Deste xeito, o obxectivo do Goberno autonómico non é só que o Camiño de Santiago chegue ao 2021 na súa mellor versión, senón que as accións levadas a cabo se manteñan despois do Ano Santo. Este é unha das liñas nas que se está a afondar coa elaboración do Plan Estratéxico do Xacobeo 21, a folla de ruta que a Xunta presentará o vindeiro mes e que servirá para construír este acontecemento de excepcional interese.

Máis información