O programa “Casa de Comidas” que percorre Galicia na procura daqueles locais que levan facendo as delicias dos comensais grazas ás súas receitas, baseadas na cociña tradicional de sempre, fixo parada a pasada semana en Pontedeume, concretamente na Cantina do Río Covés. O establecemento, pertencente ao grupo Lecer e certificado co selo Galicia Calidade, iniciou […]
O programa “Casa de Comidas” que percorre Galicia na procura daqueles locais que levan facendo as delicias dos comensais grazas ás súas receitas, baseadas na cociña tradicional de sempre, fixo parada a pasada semana en Pontedeume, concretamente na Cantina do Río Covés.
O establecemento, pertencente ao grupo Lecer e certificado co selo Galicia Calidade, iniciou a súa actividade como ultramarinos e estanco no ano 1929. Foron os avós da actual responsable do establecemento, Inmaculada Eiroá, quen deron aqueles primeiros pasos. Despois da morte dos seus pais e coa casa pechada, foi Inmaculada quen decidiu deixar a súa carreira profesional de avogada, para dedicarse á hostalaría. Así foi como naceu a Cantina do Río Covés, que conta coa primeira “Q” de Calidade Turística outorgada en Galicia. Entre as súas especialides destacan os peixes, as sobremesas caseiras e, por encima de todas, a costrada, un prato medieval típico da zona, que foi traído por uns monxes agostiños hai máis de 300 anos.
Deixámovos a ligazón da reportaxe, (minuto 45,10 adiante): http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-8-7