Casa Vixide anima a todos os seus clientes a visitar a ‘Fraga de  Catasós’

Casa Vixide anima a todos os seus clientes a visitar a ‘Fraga de  Catasós’

09/04/2018 - 14:28

Casa Vixide, establecemento rural pertencente ao grupo Lecer e certificado por Galicia Calidade, anima a todos os seus clientes a visitar a ‘Fraga de  Catasós’, unha das mellores mostras de bosque caducifolio atlántico que se preserva en Galicia, un resumo do patrimonio vexetal galego reunido nuns poucos centos de metros cadrados. Situado no concello de […]

Casa Vixide, establecemento rural pertencente ao grupo Lecer e certificado por Galicia Calidade, anima a todos os seus clientes a visitar a ‘Fraga de  Catasós’, unha das mellores mostras de bosque caducifolio atlántico que se preserva en Galicia, un resumo do patrimonio vexetal galego reunido nuns poucos centos de metros cadrados.

Situado no concello de Lalín, apenas ten catro hectáreas e media, pero todos aqueles que se acheguen a coñecelo poderán facelo a través unha ruta de sendeirismo curta, adaptada a todas as idades, onde poderán observar varias especies vexetais e coñecer os verdadeiros protagonistas, espectaculares castiñeiros e carballos, que se atopan entre os máis altos e antigos de Europa.

Se queres saber máis, preme na seguinte ligazón: http://blog.turismo.gal/experiencias-é/a- fraga-de- catasos-un-bosque-de-os-de-antes/