Cociñeiros con máis de 30 Estrelas Michelin amosan o seu apoio ao Xacobeo 2021 no proxecto ‘Estrelas solidarias no Camiño’

Cociñeiros con máis de 30 Estrelas Michelin amosaron o seu apoio ao Xacobeo 2021 no marco do proxecto Estrelas Solidarias no Camiño, organizado polo restaurante Casa Barqueiro. Dentro desta iniciativa, algunhas das figuras máis prestixiosas do mundo da cociña como Martín Berasategui, Eneko Atxa, Jordi Cruz, os irmáns torres ou Elena Arzak realizaron unha andaina […]

Galicia Calidade colabora nun encontro gastronómico solidario que reunirá a cociñeiros con máis de 30 Estrelas Michelin

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, presentou hoxe Estrelas Solidarias no Camiño, un evento gastronómico organizado polo restaurante Casa Barqueiro de Negreira que reunirá en Galicia o vindeiro 10 de agosto a varios dos cociñeiros españois máis prestixiosos e recoñecidos pois, en conxunto, suman máis de 30 Estrelas Michelin. A traxectoria e hospitalidade que brindan Rogelio e Francisco […]

Galicia calidade incorpora catro novas empresas alimentarias á marca e aumenta o número de produtos certificados

Galicia Calidade incorporou catro novas empresas do sector alimentario á marca de garantía galega. As empresas Viña Costeira, Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, Freshcut, e José Manuel Ferro Lago (Pementos Carmucha) acadaron a certificación de Galicia Calidade, dependente da Xunta de Galicia, que avala xa a máis de 120 empresas de diferentes sectores. No sector vitivinícola, a Cooperativa Vitivinícola do […]

Casa de Cacheiro, primeiro aloxamento rural de España certificado coa Q Sostible

O Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) distinguiu ao establecemento Casa de Cacheiro de Silleda como o primeiro aloxamento rural de España certificado baixo a norma UNE- ISO 21401:2019 de aloxamento sostible. Obter a Marca Q fronte á Norma UNE- ISO 21401 garante a implementación, mantemento e mellora continua dun sistema de xestión enfocado […]

Nova etapa do Augusta Eco Wellness Resort

O Augusta Spa Resort de Sanxenxo anuncia a súa (re)evolución natural ata transformarse no renovado Augusta Eco Wellness Resort no comezo dunha nova e ilusionante etapa. Esta nova etapa inclúe a aposta reforzada pola cultura do benestar e a saúde nunha contorna sostible. Contan con máis de 17.500  m2 dedicados de maneira total ao relax […]

Feijóo presenta o plan de reactivación do turismo centrado en facer da comunidade un destino seguro e reinventar un sector clave para a marca Galicia e a economía

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presentou o pasado fin de semana, a través dunha videoconferencia na que participaron máis de 1.000 profesionais do sector, o Plan de reactivación do turismo centrado en facer da Comunidade un destino seguro e reinventar un sector clave para a marca Galicia e a economía. Co obxectivo […]

A Ribeira Sacra será candidata a Patrimonio Mundial da Unesco en 2021

A candidatura da Ribeira Sacra logra finalmente dar o último paso e estar entre as 24 propostas de inscrición elixidas para ser presentada e sometida a estudo e debate na 45ª sesión do Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO, que se celebrará en sede aínda por determinar durante 2021. A paisaxe cultural galega acaba de lograr ser aceptada […]

Galicia Calidade participa nun encontro coa delegación xaponesa da rexión de Shima

O pasado martes, Alfonso Cabaleiro, director xerente de Galicia Calidade, xunto con membros da equipa de Galicia Calidade, mantiveron unha xuntanza coa delegación xaponesa da rexión de Shima (Prefetura de Mie), centrada na marca de garantía galega. O encontro tivo lugar en Santiago de Compostela, no restaurante A Tafona da chef Lucía Freitas, que ademáis de estar integrada na plataforma […]

O Hotel Louxo la Toja celebra os seus 50 anos de historia

O Hotel Louxo La Toja é un hotel familiar, de capital integramente galego, que durante cinco décadas conseguiu adaptarse aos novos tempos, demandas e tendencias dos seus clientes, converténdose en hotel referente con medio século de calidade hostaleira. Este emblemático establecemento abriu as súas portas en 1969 na Illa de La Toja, coñecida tamén como […]

Presentación da feira Gastronosa no 43º aniversario de Amicogal

Esta mañá presentouse na Cidade da Cultura a primeira edición da feira gastronómica Gastronosa, organizada pola asociación Amigos da Cociña Galega (AMIGOCAL). Un evento que se celebrará o luns 28, a partir das 11:00 horas ás 20:00 horas, no Museo Centro Gaiás. A feira, aberta ao público, servirá para celebrar o 43 aniversario do colectivo […]

O restaurante Paprica gaña o primeiro premio do XV Concurso de Tapas de Lugo

‘O alto do Fiouco’, unha proposta de fusión de comida asiática e galega dedicada á néboa lucense e, en particular, que normalmente provoca o peche da estrada A-8, foi a gañadora do XV Concurso de Tapas de Lugo despois foron as máis votadas entre as máis de 36.000 papeletas entregadas por clientes nas 47 localidades […]

Hotel Louxo La Toja celebra o seu 50 aniversario

Hotel Louxo La Toja abriu as súas portas en 1969 na Illa da Toja, tamén coñecida como Illa Louxo, de aí o seu nome. Agora, 50 anos despois, o emblemático hotel decidiu conmemorar este aniversario con diferentes actividades e accións promocionais que comezarán o 25 de outubro, cun evento que reunirá autoridades, representantes do sector […]

Catorce clubs náuticos galegos contan coa certificación Galicia Calidade e impulsan á Comunidade como referente turístico

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou esta mañá, na entrega das certificacións de Galicia Calidade a 13 clubs náuticos e a Asnauga que este distintivo confirma que a Comunidade é un referente turístico. O selo de Galicia Calidade foi concedido nun acto celebrado no Real Club Náutico de Sanxenxo no que tamén participou a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas. […]

Galicia Calidade, premiada na XVII Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia

Galicia Calidade recibiu un dos premios HGg&T durante a Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Recolleu o premio Sol Vázquez, Directora xeral de Comercio e Consumo. Estos premios recoñecen ás persoas ou entidades cuxa labor destacara de maneira extraordinaria no ámbito das […]

Dúas rutas do Camiño terán a Q de Calidade

O Camiño Portugués e a Ruta do Mar de Arousa serán, xunto coas rutas do viño das Rías Baixas e Ribeira Sacra, os primeiros trazados en recibir a Q de Calidade otorgada pola Consellería de Cultura e o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, firmou un convenio co presidente do […]

Os restaurantes Miga e Galipizza obteñen o selo de garantía Galicia Calidade

O restaurante Miga (A Coruña) e a cadea de restauración Galipizza, con establecementos en Viveiro, Ribadeo, Culleredo, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, acadaron a certificación do selo Galicia Calidade tras superar os requisitos establecidos pola marca de garantía da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Os novos establecementos certificados comparten a aposta polos […]

A Tafona, Paprica e o Semáforo, novos establecementos certificados con selo de garantía Galicia Calidade

Os restaurantes A Tafona (Santiago de Compostela) e Paprica (Lugo) e o hotel-restaurante O Semáforo (Fisterra) alcanzaron a certificación do selo Galicia Calidade tras superar os requisitos establecidos pola marca de garantía da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Trátase de tres establecementos de referencia no sector da restauración e da hostalería de Galicia recoñecidos pola calidade dos seus servizos e propostas gastronómicas. O director […]

Nova sesión das ‘Tertulias Bodeguilla, catas e tapas’

O vindeiro mércores 26 de xuño celebrarase na sala de catas da Bodeguilla de San Lázaro de Santiago de Compostela unha nova sesión das ‘Tertulias Bodeguilla, catas e tapas’. Trátase dunha cata didáctica con cea, na que os asistentes catarán diversos viños de distintas DD.OO. acompañados de pratos elaborados porla cociña da Bodeguilla de San […]

20 aniversario do Augusta Spa Resort

O  Augusta Spa Resort, o maior centro spa de Galicia e que conta coa garantía Galicia Calidade, celebrou o seu 20 aniversario anunciando unha importante transformación, que o converterá no primeiro 5 estrelas de Sanxenxo. Anunciouno durante a festa do vinte aniversario do establecemento o seu director xeral, José Manuel Otero, que fixou para dentro […]

Caixabank e a Xunta acordan poñer a disposición do sector turístico unha liña de financiamento de 1000 millóns de euros para preparar o Xacobeo 21

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o director territorial de CaixaBank en Galicia, Emilio Barreiro, subscribiron un acordo de colaboración que recolle o compromiso da entidade de lanzar unha liña de financiación para os aloxamentos turísticos vinculados ao Camiño de Santiago que renoven os seus establecementos de cara á celebración do Xacobeo […]

Premio ao restaurante A Taberna de Ourense

O restaurante A Taberna de Ourense recibiu o premio nacional ‘Platos de oro’ de Radio Turismo. Estos galardóns, cuxa entrega de premios tivo lugar en Santiago de Compostela, premian a establecementos do territorio nacional, profesionais e chefs que ‘vivan pola gastronomía’. A Taberna Restaurante, situado no centro histórico de Ourense e integrado en Galicia Calidade […]

A Axencia Turismo de Galicia publica as axudas para a certificación e renovación da marca Q de Calidade Turística

A Axencia Turismo de Galicia publica as bases reguladoras para a concesión das subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE que conduzan á obtención […]

Presentación da XVI Edicion do Festival de Cans

Porriño acolle unha nova edición do archi-coñecido “Festival de Cans”, o evento de curtametraxes que se celebra cada ano. O festival céntrase nas curtametraxes de produción galega, aínda que cada ano faise máis internacional. Así, ademais dos 15 curtos galegos que se exhibirán clasificados en “Ficción e Animación”, mostraranse outras pezas producidas en diferentes partes […]

Os establecementos de Galicia Calidade Lecer analizan nunha xornada de traballo os retos comúns e a estratexia de promoción do colectivo Lecer

Galicia Calidade celebrou hoxe en Santiago de Compostela unha xornada de traballo cos establecementos integrados en Galicia Calidade Lecer para analizar a estratexia a desenvolver no 2019 en materia de planificación de accións de dinamización e difusión da marca así como da promoción dos establecementos asociados. Os participantes coñeceron da man do equipo coordinador do […]

Showcooking con produtos Galicia Calidade na tenda Pop Up Galicia, Saberes y Sabores a cargo de Héctor López, do Restaurante España

A tenda Pop Up Galicia, Saberes e Sabores acolleu onte en Madrid un showcooking con produtos Galicia Calidade a cargo de Héctor López, un dos máximos expoñentes da cocina lucense e xefe de cociña do Restaurante España (Lugo), establecemento certificado por Galicia Calidade que conta con dous Soles Repsol. As propostas gastronómicas de Héctor López […]

Galicia Calidade colabora na nova edición da tenda Pop Up Galicia, Saberes y Sabores, que regresa hoxe a Madrid para presentar o mellor da artesanía e gastronomía galegas

A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, organiza esta Semana Santa en Madrid a terceira edición da tenda pop up Galicia, Saberes e Sabores, que se celebrará no Palacio de Santa Bárbara (Hortaleza, 87) entre o 12 e o 21 de abril. Na iniciativa poderase tocar e saborear a esencia de Galicia grazas […]

Galicia conta cos mellores tiradores de cervexa de España 2019

Esta mañá, no marco do 33 Salón Gourmets de Madrid, celebrouse a Final do VI Campionato Nacional Estrella Galicia de Tiraxe de Cervexa, no que 15 hostaleiros de toda España competiron por alzarse co título de mellor tirador de cervexa de España. O hostaleiro que se alzou co título ao mellor tirador de cervexa de […]

Héctor López do Restaurante España dirixirá unha masterclass no Salón Gourmets

O 33 Salón  Gourmets, Feira de Alimentación e Bebidas de Calidade, volve abrir as súas portas do 8 ao 11 de abril en Madrid. Trátase da maior mostra adicada aos produtos delicatessen de Europa, un escaparate de vangarda que se converteu na cita imprescindible para os profesionais do sector agroalimentario. O Restaurante España (Lugo), establecemento certificado por Galicia Calidade participará […]

Galicia mellora no ránking de competitividade turística elaborado por Exceltur

A nova edición de MONITUR 2018, o informe que valora e establece un ránking de competitividade turística relativa ás 17 Comunidades Autónomas, referido ao período 2014/2018, sitúa a Galicia no posto número 9 do ranking nacional, subindo unha posición desde a publicación do último estudo. Pais Vasco lidera este ránking grazas aos seus bos resultados […]

Ás 205 empresas galegas que xa contaban con este distintivo, súmanse agora outras 77

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, felicitou o pasado venres ao sector turístico galego cuxas 282 Q de Calidade acreditan, dixo, a súa permanente expansión e renovación. Durante o acto de entrega dos diplomas Q de Calidade Turística 2018, Feijóo destacou o éxito patente no récord de certificacións que sitúan á Comunidade galega como […]

Restaurantes de Galicia Calidade Lecer únense á celebración do #CocidoDay

O #CocidoDay ou Día Internacional do Cocido é un evento gastronómico que persegue que centos de persoas senten o mesmo día á mesa para gozar dun bo cocido e compartilo en redes sociais. A cita é o vindeiro sábado 23 de marzo. Na edición deste ano participarán máis de 150 restaurantes de 8 países, entre […]

Laura Martínez, da Bodeguilla de Santa Marta de Santiago, resultou premiada con un dos accésits e participará no certame a nivel nacional que terá lugar en abril en Madrid

Esta mañá celebrouse o Campionato Galego de Tiraxe de Cervexa Estrella Galicia na caseta da marca cervexeira no Fórum Gastronómico da Coruña. Un total de 10 aspirantes chegados de diversos puntos da comunidade que se clasificaron previamente nos certames Galicia Norte e Sur enfrontáronse ao longo de diferentes roldas para alzarse co título de mellor […]

A Guía Repsol 2019 recoñece a dez restaurantes de Galicia Calidade Lecer

A nova edición da Guía Repsol 2019 recoñece en total a dez restaurantes de Galicia Calidade Lecer. Tres deles están distinguidos con dous Soles: o restaurante Yayo Daporta en Cambados, o Restaurante España de Lugo e o restaurante Bido de A Coruña. Pola súa banda, o Restaurante El Refugio de Oleiros e A Taberna de […]

O restaurante A Mirandilla de Rinlo, distinguido en Xantar co Plato de Ouro

O restaurante A Mirandilla de Rinlo (Ribadeo), establecemento certificado por Galicia Calidade, foi distinguido co Plato de Ouro de Radio Turismo no Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebrou o pasado fin de semana en Ourense. A Mirandilla é un restaurante con máis de dez anos de historia no que se combina a […]

Celebra o teu evento no Restaurante O Barazal

Descubre os espazos que che ofrece o restaurante, os seus espléndidos xardíns ou os seus salóns interiores decorados con cariño e coidados ao detalle. Contarás cunha decoración que se adapta aos teus gustos e necesidades, ademais de contar cos produtos frescos e de calidade nos fogóns de sempre, pero con toques modernos. Déixate conquistar polos […]

Noites de terraza no Restaurante Nito

Reláxate e goza das últimas noites de agosto na terraza do Restaurante Nito, en Viveiro. Desfruta do son das ondas mentres degustas as exquisitas receitas que che ofrece na súa carta!  

Descubre os restaurantes do Grupo Lecer que están na Guía Repsol onde poderás probar os seus menús degustación por menos de 45 euros.

Restaurante España: situado na Rúa Teatro de Lugo, ofrece unha cociña actual nun local que acaban de remodelar. Ademais das súas múltiples opcións de carta, que inclúe carne de boi criado nas leiras de Recelle, o restaurante ofrece un menú degustación que pode probarse por 45 euros (bebidas non incluídas).   Restaurante A Taberna: situado […]

Menú especial "Noite de meigas" no Hotel Alfonso IX

Descubre o menú especial que está a preparar o Hotel Alfonso IX en Sarria para o día 25, unha noite de meigas! Fai a túa reserva no teléfono 982 53 00 05, no email info@alfonsoix.com ou na páxina web www.alfonsoix.com

Goza dos espazos naturais de Pontedeume

Se decidiches aloxarte na Cantina Río Covés, en Pontedeume, goza de todas as opcións que che ofrecen en canto a espazos naturais e lugares secretos de Galicia. Desfruta da natureza, reláxate e desconecta nas túas vacacións!

Habitacións libres no Hotel Bosque Mar a partir do 20 de agosto

Para todos aqueles que aínda non reservasen as súas vacacións e queiran gozar de Galicia, no Hotel Bosque Mar, no Grove, teñen habitacións libres a partir do 20 de agosto para que poidan desfrutar das Rías Baixas. Reserva na web do hotel e terás un 5% de desconto adicional! https://bosquemar.com

Oferta de emprego do Mesón a Cepa

Hoxe compartimos convosco unha oferta de emprego, neste caso do Mesón a Cepa. Todos aqueles que esteades interesados a que esperades para enviar o voso curriculum? curriculum@mesonacepa.com

Segundo o portal escapadarural.com, Galicia, Extremadura e Murcia destacan pola oferta destinada ao turismo petfriendly

Cada vez en maior medida os aloxamentos de turismo rural oriéntanse a ofrecer aos viaxeiros opcións para que poidan viaxar coa súa mascota. Segundo un informe do portal especializado EscapadaRural.com, o 40% dos aloxamentos rurais ofertados neste portal orientáronse cara a clientes con mascotas. Entre eles destaca especialmente a oferta de Extremadura, Galicia e Murcia, […]

Convocada unha nova edición dos Premios Alimentos de España

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convocou unha nova edición dos Premios Alimentos de España —neste caso 2018—, uns galardóns que queren recoñecer o traballo de empresas e profesionais que se distinguiron por producir, elaborar, distribuír e ofrecer aos consumidor alimentos de calidade. Nesta edición 2018, a convocatoria contempla as modalidades de Industria alimentaria, […]

A EFSA lanzou a primeira actualización da base de datos OpenFoodTox

A EFSA (Axencia de Seguridade Alimentaria da Unión Europea) lanzou a primeira actualización da base de datos OpenFoodTox, ferramenta coa que as axencias reguladoras, investigadores e consumidores poden acceder a todo tipo de información relacionada cos riscos químicos presentes nos alimentos destinados ao consumo humano e animal. Agora, esta base de datos ofrece información sobre […]

Coñece todos os restaurantes do Grupo Lecer

Estás a pensar onde celebrar o teu xantar ou cea de empresa, en familia ou cos teus amigos? Coñece todos os restaurantes do Grupo Lecer, certificados polo noso selo de calidade, e elixe o que mellor se adapte a ti! https://www.galiciacalidadelecer.gal/cat/restaurantes-gl/

XV Festa do Percebe en Rinlo

Se es amante do marisco, non esquezas a XV Festa do Percebe o vindeiro 4 de agosto, organizada pola Confraría de Mariscadores de Rinlo!

Ceas espectaculares no Asador Vacavella

Elixe entre as diferentes propostas á grella que che ofrece o Asador Vacavella e degusta coa túa parella, en familia ou cos teus amigos unha cea espectacular! Chama e reserva! 981 88 39 02

O Talaso Hotel Louxo La Toja inaugura hoxe as “Noites da Garza”

Esta noite o Talaso Hotel Louxo La Toja inaugura as “Noites da Garza”, sobre as 22.30 h dará comezo a actuación de The Soulbreakers, e, como suxestión,  propoñen a todos os seus clientes gozar do Cocktail Tropicana, rodeados dun ambiente inmellorable! Reláxate e goza das noites de verán no Talaso Hotel Louxo La Toja!