Catro novos webinars da Consellería de Cultura e Turismo completan o plan de teleformación para o sector turístico galego

Catro novos webinars da Consellería de Cultura e Turismo completan o plan de teleformación para o sector turístico galego

08/04/2020 - 13:45

Ante o éxito do primeiros catro webinars lanzados pola Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, a administración autonómica ampliou a oferta de formación con catro novos webinars que se desenvolverán do 31 de marzo ao 23 de abril, ampliando así o tempo de formación. Todos […]

Ante o éxito do primeiros catro webinars lanzados pola Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, a administración autonómica ampliou a oferta de formación con catro novos webinars que se desenvolverán do 31 de marzo ao 23 de abril, ampliando así o tempo de formación.

Todos eles teñen aberto o prazo para que os profesionais do sector poidan inscribirse nestas accións gratuítas de formación en liña co obxectivo de melloren as súas competencias en xestión dixital, comunicación e mercadotecnia en liña.

En cada unha delas un experto na materia impartirá formación específica sobre o tema correspondente, resolverá dúbidas e ofrecerá material para traballar en casa. A duración total será de 4 horas das que 1h e 30 minutos corresponden ao webinar e 2h 30 minutos ao traballo cos materiais e actividades do curso.

A planificación dos próximos cursos é a seguinte:

A matrícula pode facerse no Espazo Profesional da web de Turismo de Galicia.