Chefs do Grupo Lecer participan no VII Encontro da Artesanía Tradicional e popular de Galicia

Chefs do Grupo Lecer participan no VII Encontro da Artesanía Tradicional e popular de Galicia

09/07/2018 - 15:06

Os cociñeiros galegos do Grupo Nove, Iñaki Bretal, do restaurante O Eirado, Héctor López, do Restaurante España e a chef María Varela, do restaurante A Parada das Bestas, ofreceron showcookings a pasada fin de semana con motivo da celebración do VII Encontro da Artesanía Tradicional e popular de Galicia. Agolada foi o epicentro da artesanía […]

Os cociñeiros galegos do Grupo Nove, Iñaki Bretal, do restaurante O Eirado, Héctor López, do Restaurante España e a chef María Varela, do restaurante A Parada das Bestas, ofreceron showcookings a pasada fin de semana con motivo da celebración do VII Encontro da Artesanía Tradicional e popular de Galicia.

Agolada foi o epicentro da artesanía galega coa apertura do VII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia. O acto de inauguración contou coa presencia do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e do el vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

O evento puxo en valor o talento dos artesáns galegos, cun amplo programa de actividades nos que tiveron cabida a música, a gastronomía e que serviu tamén de escaparate aos produtos agroalimentarios de calidade.