O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convocou unha nova edición dos Premios Alimentos de España —neste caso 2018—, uns galardóns que queren recoñecer o traballo de empresas e profesionais que se distinguiron por producir, elaborar, distribuír e ofrecer aos consumidor alimentos de calidade. Nesta edición 2018, a convocatoria contempla as modalidades de Industria alimentaria, […]
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convocou unha nova edición dos Premios Alimentos de España —neste caso 2018—, uns galardóns que queren recoñecer o traballo de empresas e profesionais que se distinguiron por producir, elaborar, distribuír e ofrecer aos consumidor alimentos de calidade.
Nesta edición 2018, a convocatoria contempla as modalidades de Industria alimentaria, Produción ecolóxica, Internacionalización alimentaria, Produción da pesca e a acuicultura, Comunicación e Restauración, ademais dun Accésit á iniciativa Emprendedora, e o Premio Extraordinario Alimentos de España.
O prazo de presentación de solicitudes será de tres meses a partir do día seguinte ao da publicación do extracto de Orde no Boletín Oficial do Estado (o pasado sábado 28 de xullo).