Cruz Vermella recoñece a colaboración da Postrería na integración sociolaboral de persoas

Cruz Vermella recoñece a colaboración da Postrería na integración sociolaboral de persoas

25/01/2018 - 15:00

O Plan de Emprego para colectivos vulnerables é un gran reto ao que Cruz Vermella Española decidiu facer fronte.  A través del, pretenden acompañar a persoas que se atopan nunha situación de desvantaxe á hora de percorrer o camiño cara á súa integración social e laboral. Neste caso, A Postrería, establecemento pertencente ao grupo ‘Lecer’ e certificado […]

O Plan de Emprego para colectivos vulnerables é un gran reto ao que Cruz Vermella Española decidiu facer fronte.  A través del, pretenden acompañar a persoas que se atopan nunha situación de desvantaxe á hora de percorrer o camiño cara á súa integración social e laboral.

Neste caso, A Postrería, establecemento pertencente ao grupo ‘Lecer’ e certificado co selo Galicia Calidade, foi recoñecida pola Cruz Vermella, debido ao seu esforzo e labor na integración sociolaboral de persoas participantes no Plan de Emprego.

Moitos parabéns!