Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) revelan que o turismo rural está a liderar neste arranque do ano o crecemento turístico da Comunidade galega, cun incremento dun 45%. A celebración da Semana Santa no mes de marzo axudou de maneira significativa a este significativo aumento, pero non foi o único factor determinante. Así […]
Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) revelan que o turismo rural está a liderar neste arranque do ano o crecemento turístico da Comunidade galega, cun incremento dun 45%. A celebración da Semana Santa no mes de marzo axudou de maneira significativa a este significativo aumento, pero non foi o único factor determinante. Así o demostra, por exemplo, que Galicia inaugurase o ano co mellor mes de xaneiro da última década.
O comportamento do primeiro trimestre do ano tamén confirma que Galicia é un destino máis internacional. Ata marzo recibimos máis visitantes procedentes de España, pero especialmente estranxeiros, con subidas dun 8,8% na demanda turística nacional e dun 15,4% no mercado internacional. De feito, en termos de viaxeiros aloxados, o turismo internacional marca neste ano un máximo histórico, superando a barreira dos 100.000.
Os datos demostran que Galicia foi capaz de contrarrestar neste primeiro trimestre a meteoroloxía adversa grazas a unha sólida oferta turística cultural, enogastronómica, termal, así como con iniciativas para coñecer o patrimonio, o medio natural, a gastronomía ou para practicar turismo activo, entre outras.