Dende o 19 ao 21 de febrero, o HIP,  Hospitality Innovation Planet, dirixido ao sector Horeca (hoteis, restaurantes e catering) celebrará a súa segunda edición no IFEMA

Dende o 19 ao 21 de febrero, o HIP,  Hospitality Innovation Planet, dirixido ao sector Horeca (hoteis, restaurantes e catering) celebrará a súa segunda edición no IFEMA

02/02/2018 - 13:00

Durante estes tres días de congreso poderanse ver as últimas tendencias e innovacións en maquinaria, equipos, mobiliario e interiorismo, e tecnoloxía para axudar ao empresario e directivo a mellorar a competitividade dos seus negocios. A feira estará dividida nunha zona expositiva, con 300 expositores, que mostrará ao público as últimas innovacións e tendencias, xunto a […]

Durante estes tres días de congreso poderanse ver as últimas tendencias e innovacións en maquinaria, equipos, mobiliario e interiorismo, e tecnoloxía para axudar ao empresario e directivo a mellorar a competitividade dos seus negocios.

A feira estará dividida nunha zona expositiva, con 300 expositores, que mostrará ao público as últimas innovacións e tendencias, xunto a áreas interactivas onde se tratarán en profundidade  temáticas claves do negocio, como son o mundo do bar (cafés e almorzos, snacks e tapas, cervexa, vermú, cócteles…), gastronomía, dixitalización e xestión, equipamento, enxoval e interiorismo.

Por outra banda, os asistentes poderán gozar do Hospitality 4.0, o maior congreso europeo de innovación e transformación para o sector, tanto en número coma polas temáticas tratadas e polas axendas personalizadas de cada un dos perfís profesionais clave dentro do noso sector.

Dentro do congreso celébranse diferentes summits de primeiro nivel, como:

  • A edición máis internacional de Restaurant Trends de Marcas de Restauración, o maior foro de restauración organizado no noso país
  • Hotel Trends, o Summit para a alta dirección hostaleira
  • Summit de Compras, encontro para directivos de compras
  • Congreso Nacional de Negocios e Xestión da Dependencia
  • Congreso Europeo de Dereito e Gastronomía

Hospitality Innovation Planet constitúese como a oportunidade ideal tanto para facer negocios e contactos profesionais de gran valor, como para entrar en contacto cos avances e innovacións que están a transformar a industria a un ritmo acelerado, asumindo múltiples perspectivas e unha nova visión en todas as áreas do seu negocio.

Máis información en: https://www.expohip.com/