Coa participación de máis de 40 turoperadores internacionais, o Salón Turístico de Galicia, Turexpo, volverá a abrir as súas portas entre o 7 e o 10 de xuño. O Clúster de Turismo de Galicia estará tamén presente cun posto propio. Tampouco faltará espazo para as festas galegas de interese turístico, que terán o seu propio […]
Coa participación de máis de 40 turoperadores internacionais, o Salón Turístico de Galicia, Turexpo, volverá a abrir as súas portas entre o 7 e o 10 de xuño. O Clúster de Turismo de Galicia estará tamén presente cun posto propio. Tampouco faltará espazo para as festas galegas de interese turístico, que terán o seu propio espazo en Turexpo Galicia, a través da feira Festur, nin a habitual Bolsa de Contratación Turística, na que se darán cita un total de 43 operadores de 12 países, como Alemaña, Brasil, Canadá, Dinamarca, Francia, Gran Bretaña, Italia, Polonia, Portugal, Rusia e, por primeira vez no salón, Xeorxia. Estes operadores internacionais e nacionais coñecerán a oferta de numerosas empresas do sector do turismo, a maioría galegas. Estas poderán mostrarlles detalladamente as súas propostas aos turoperadores co obxectivo de que as incorporen ás ofertas que farán aos seus clientes nos seus países de orixe. Será a través de reunións axendadas en función dos intereses de ambas as partes, as cales terán lugar durante o primeiro día e medio do certame.
A estas mesas de negocio a Bolsa de Contratación engadirase o venres, día 8, pola tarde, e o sábado 9 durante todo o día, un ‘postour’, unha viaxe de familiarización que levará os turoperadores á ría de Muros e Noia, e a Fisterra.