Descubre os restaurantes do Grupo Lecer que están na Guía Repsol onde poderás probar os seus menús degustación por menos de 45 euros.

Descubre os restaurantes do Grupo Lecer que están na Guía Repsol onde poderás probar os seus menús degustación por menos de 45 euros.

22/08/2018 - 12:48

Restaurante España: situado na Rúa Teatro de Lugo, ofrece unha cociña actual nun local que acaban de remodelar. Ademais das súas múltiples opcións de carta, que inclúe carne de boi criado nas leiras de Recelle, o restaurante ofrece un menú degustación que pode probarse por 45 euros (bebidas non incluídas).   Restaurante A Taberna: situado […]

Restaurante España: situado na Rúa Teatro de Lugo, ofrece unha cociña actual nun local que acaban de remodelar. Ademais das súas múltiples opcións de carta, que inclúe carne de boi criado nas leiras de Recelle, o restaurante ofrece un menú degustación que pode probarse por 45 euros (bebidas non incluídas).

 

Restaurante A Taberna: situado na entrada do centro histórico de Ourense, destaca pola calidade dos seus produtos, tanto peixes coma carnes e, por suposto, os seus arroces. Poderás probar o seu menú degustación por 36 euros (bebidas non incluídas).

 

Por último, A Taberna de Rotilio, establecemento emblemático que mestura a cociña de autor coa calidade dos seus produtos, moitos deles procedentes, como non, do mar. O prezo do menú degustación do local é de 40 euros (bebidas non incluídas).