Desfruta das visitas guiadas gratuítas que organiza o Parque Nacional das Illas Atlánticas durante este verán

Desfruta das visitas guiadas gratuítas que organiza o Parque Nacional das Illas Atlánticas durante este verán

23/07/2018 - 14:25

O programa, promovido pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, ten o propósito de animar os cidadáns de todas as idades a coñecer os valores destes enclaves naturais, completando e enriquecendo así a actividade de praia ou de sendeirismo que fan os visitantes durante o verán. As rutas desenvolveranse durante o que resta […]

O programa, promovido pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, ten o propósito de animar os cidadáns de todas as idades a coñecer os valores destes enclaves naturais, completando e enriquecendo así a actividade de praia ou de sendeirismo que fan os visitantes durante o verán.

As rutas desenvolveranse durante o que resta do mes de xullo e ata setembro; en Ons e Cíes ofreceranse rutas diarias con varias temáticas, que poderán reservarse directamente na caseta de información das illas ou reservando a través da central os mércores para Ons e os xoves para Cíes. No caso de Sálvora, as visitas serán os luns, mércores, venres e sábados, mentres que para Cortegada serán os martes.

As visitas son de balde e orientadas a todos os públicos, pensadas para nenos a partir dos 12 anos. Hai que ter en conta que o desprazamento a cada illa corre por conta de cada participante, igual que a comida e a bebida que se queira consumir durante estas actividades.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades deberán reservar a súa praza a través da web da central de reservas a través da web www.reservasparquesnacionales.es, xa que as prazas son limitadas. No apartado específico da PN Illas Atlánticas, aparece unha listaxe das actividades ofertadas para cada unha das rutas, co seu respectivo calendario. Cada persoa poderá reservar para unha soa ruta por illa. Habilitarase tamén unha lista de espera, coa que cubrir posibles baixas en Sálvora e Cortegada.