O mes de xaneiro pechouse coa chegada a España de 4,1 millóns de turistas internacionais, o que supuxo un 5,2% máis que durante o mesmo mes do ano pasado. Ademais, o seu gasto total tamén se incrementou, chegando a alcanzar os 4.501 millóns de euros, un 5,6% máis que en xaneiro de 2017. Os datos, […]
O mes de xaneiro pechouse coa chegada a España de 4,1 millóns de turistas internacionais, o que supuxo un 5,2% máis que durante o mesmo mes do ano pasado. Ademais, o seu gasto total tamén se incrementou, chegando a alcanzar os 4.501 millóns de euros, un 5,6% máis que en xaneiro de 2017. Os datos, correspondentes ás enquisas de Movementos Turísticos en Fronteira (FRONTUR) e de Gasto Turístico (EGATUR), que elabora o Instituto Nacional de Estatística, confirman que entre os principais mercados emisores segue a destacar Reino Unido, con 799.475 turistas e un incremento do 0,2%, seguido de Alemaña, con 502.298 turistas e un crecemento do 4,2%, e Francia, con 491.551 e un aumento do 5,8%.