Trátase dun novo evento gastronómico que porá en valor a cociña atlántica cun elenco de chefs e actividades que encherán os tres días que dura o festival. Entre eles, 12 chefs con Estrella Michelin de España e Portugal, ademais de charlas, música e actividades infantís, abrindo así o seu cartel a todos os públicos. O […]
Trátase dun novo evento gastronómico que porá en valor a cociña atlántica cun elenco de chefs e actividades que encherán os tres días que dura o festival. Entre eles, 12 chefs con Estrella Michelin de España e Portugal, ademais de charlas, música e actividades infantís, abrindo así o seu cartel a todos os públicos.
O evento estará localizado na chaira do Parrote, onde os chefs elaborarán propostas gastronómicas para que o público poida experimentar os sabores da nova cociña galega contemporánea. O venres, o Restaurante España, da man de Héctor López, estará presente no festival a través dun taller sobre “Carnes autóctonas de Galicia”.
Se es un amante da gastronomía, non deixes pasar esta ocasión!