Durante o mes de decembro, algúns establecementos do Grupo Lecer, certificados co selo Galicia Calidade, recibiron premios e participaron en diferentes actividades. Entre eles, destacan: Hotel Spa Nanin, ao recibir o selo Galicia Destino Familiar, na entrega das primeiras 27 acreditacións a empresas especializadas neste segmento de mercado. Trátase dunha iniciativa impulsada polo Clúster de […]
Durante o mes de decembro, algúns establecementos do Grupo Lecer, certificados co selo Galicia Calidade, recibiron premios e participaron en diferentes actividades. Entre eles, destacan:
- Hotel Spa Nanin, ao recibir o selo Galicia Destino Familiar, na entrega das primeiras 27 acreditacións a empresas especializadas neste segmento de mercado. Trátase dunha iniciativa impulsada polo Clúster de Turismo de Galicia en colaboración co Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS), a Asociación Rede Galega de Albergues Turísticos (AGALBER), Viajes Fisterra S.L.U. e o Hotel Bahía de Vigo S.A., que trata de agrupar e poñer en valor a oferta turística dirixida ás familias na nosa Comunidade Autónoma. Un total de 27 empresas, entre aloxamentos, restauración, axencias de viaxes e de actividades complementarias, recolleron unha placa que poderán situar no exterior do seu establecemento e que os acredita como membros deste proxecto posto en marcha o ano pasado para a posta en valor deste segmento de mercado para Galicia. En concreto, foron 19 aloxamentos, 5 empresas de actividades complementarias, dúas axencias de viaxes e un restaurante os primeiros que se adheriron ao programa, o que lles permite subir as súas propostas e ofertas especialmente dirixidas ás familias que elixan Galicia como destino turístico.
- Radio Turismo e o Comité Provincial de Andalucía recoñeceron a traxectoria profesional de O Rincón da Baiúca, outorgándolle a “Medalla de Ouro” no apartado de pousadas con encanto.
- Yayo Daporta participou nun showcooking na VI edición de ‘Manxares’, a feira agroalimentaria impulsada polo Concello de Melide e polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) que opera nese municipio e nos de Arzúa, Touro, Toques, Santiso, Boimorto, O Pino, Sobrado dos Monxes e Vilasantar.
- O programa ‘A Xantar’ da Televisión de Galicia e Voz Audiovisual dedica unha reportaxe ao Restaurante España, no que os irmáns López contan como crían os seus bois, as principais estrelas do seu restaurante, e falan sobre os segredos de como preparar este tipo de carne e como servir ben unha boa costeleta acompañada da mellor maridaxe.