Con motivo da celebración do Día de Rosalía, algúns establecementos do grupo ‘Lecer’ e certificados co selo Galicia Calidade, van elaborar o “Caldo de Gloria” o vindeiro día 24 (e tamén algúns deles o día anterior e posterior). Esta iniciativa, posta en marcha pola Fundación Rosalía de Castro, está inspirada no poema “Miña casiña, meu […]
Con motivo da celebración do Día de Rosalía, algúns establecementos do grupo ‘Lecer’ e certificados co selo Galicia Calidade, van elaborar o “Caldo de Gloria” o vindeiro día 24 (e tamén algúns deles o día anterior e posterior). Esta iniciativa, posta en marcha pola Fundación Rosalía de Castro, está inspirada no poema “Miña casiña, meu lar”, na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. Moitos locais hosteleiros de todo o país (e máis alá) uniranse o 24 de febreiro a esta celebración, ofrecendo o ‘Caldo de Gloria’ como tapa nos seus establecementos.
Os establecementos participantes son o seguintes:
SANTIAGO DE COMPOSTELA:
- Bodeguilla de San Lázaro
- Bodeguilla de Santa Marta
A CORUÑA:
- Restaurante Bido
- La Postrería
- Hotel Blue Coruña
OURENSE:
- Restaurante Tamarindo
RINLO:
- Restaurante A Mirandilla de Rinlo