Estrella Galicia, en colaboración coa revista Luzes, trata de desvelar que Qué din os rumorosos?, unha homenaxe ao himno galego e ao seu creador, Eduardo Pondal
Estrella Galicia, empresa certificada por Galicia Calidade, impulsa a campaña Fogar de Breogan que constitúe unha homenaxe ao himno galego e coa que procura dar resposta a pregunta Que din os rumorosos?, primeiro verso do poema Os Pinos, escrito por Eduardo Pondal, e que constitúe a letra do canto da identidade galega.
A campaña consiste nunha edición limitada de 2,5 millóns de botellas en homenaxe á figura de Eduardo Pondal que estarán dispoñibles na canle de hostalería durante todo o mes de maio. As etiquetas foron deseñadas polo ilustrador Brais Rodríguez co obxectivo de transmitir modernidade e identidade.
Outro dos eixes fundamentais do proxecto materialízase no número 30 da revista Luzes, unha edición especial Que din os rumorosos? na que conseguiron recoller a resposta de 50 personaxes moi recoñecidos da sociedade galega. Nomes como a produtora de cine Emma Lustres, o investigador Ángel Carracedo, o humorista Xosé Antonio Touriñán, os cantantes Uxía e Antón Reixa, o presentador Xosé Ramón Gayoso, así como deportistas e políticos de diverso signo, son só algúns dos que quixeron participar neste número da revista expresando a súa visión sobre a identidade galega.
José Cabanas, Chief Marketing Officer de Hijos de Rivera, manifestou na presentación o compromiso de Estrella Galicia coa súa orixe, unha orixe que reivindica en cada unha das súas cervexas a través do 50% do nome da súa marca.
Neste sentido, expresou a súa satisfacción polo resultado deste proxecto, que logrou aglutinar as vontades de Estrella Galicia, dunha publicación de referencia como a revista Luzes, de 50 personaxes da sociedade galega, “os nosos rumorosos”, e da Fundación Eduardo Pondal, que leva a cabo un intenso labor de divulgación da cultura galega e da figura do escritor. Nas súas propias palabras, “a identidade galega construímola entre todos e cada un dos que acotío vivimos e sentimos Galicia como parte intrínseca do que somos”.