Data:
Do
24/02/2019
ao
24/02/2019
O 24 de febreiro Lalín celebra a 51ª Feira do Cocido. Ás 12.00 horas terá lugar a apertura da feira onde degustar o plato lalinés por excelencia, nunha festa declarada de Interese Turístico Nacional. Ás 12.45 horas terá lugar a lectura do pregón a cargo do xornalista Xabier Fortes no palco da rúa Principal de Lalín.
A partires das 13.00 horas terá lugar o desfile de carrozas, charangas, comparsas e agrupacións musicais.
Xa en horario de tarde, ás 20.00 horas terá lugar un concerto de Xabier Díaz e As Adulfeiras de Salitre na Praza da Iglesia.