Festa da empanada de Bandeira – Silleda

Data: Do 24/08/2019 ao 24/08/2019
Lugar: Bandeira

O 24 de agosto celebrarase na Carballeira das Silvas de Bandeira a festa da empanada, que se celebra dende o ano 1974. Trátase dunha festa de interese turístico galego, pero organizadores e Concello de Silleda traballan dende hai meses na consecución da declaración de Festa de interese turístico nacional.

A empanada, un dos pratos máis representativos da cociña galega, será a protagonista da xornada, na que haberá concursos gastronómicos, puxas de empanadas e degustacións, ademáis de actuacións de grupos de música e de baile.

Máis información