Festa da filloa e a cachucha de Abellá – Frades (A Coruña)

Data: Do 17/03/2019 ao 17/03/2019
Lugar: Frades (A Coruña)

Festa gastronómica que se celebrará na parroquia de Abellá, no municipio de Frades (A Coruña). Os asistentes poderán degustar desde as 12.00 horas no Pavillón Polideportivo da parroquia filloas e cachucha de porco mentres gozan coa actuación musical en directo de Embruxo Gaiteiro.

Tamén haberá sesión vermú e verbena a partir das 18.00 horas a cargo de orquestra Ciclón.

Máis información