Festa da lamprea de Arbo

Data: Do 26/04/2019 ao 28/04/2019
Lugar: Arbo (Pontevedra)

A última fin de semana de abril, os días 26, 27 e 28 Arbo celebra a súa festa da lamprea. Declarada festa de interese turísitico nacional, os asistentes poderán gozar das receitas tradicionais deste peixe invertebrado e dunha selección de viños das adegas de Arbo.

Aproveitando a tempada da lamprea, esta festa gastronómica celébrase en Arbo desde 1960. Viños do Condado, música de gaitas e da banda municipal acompañan a degustación baixo as carpas instaladas na localidade. Ademais, bares e restaurantes da localidade ofrecen ese día lamprea nos seus menús.

A festa inclúe o tradicional Xantar da Lamprea, no que os asistentes, previa reserva, poderán degustar dun menú a base de lamprea acompañados de viños da zona de Condado D.O. Rías Baixas.

Máis información