Festa da pataca – Coristanco

Data: Do 15/09/2019 ao 16/09/2019
Lugar: Coristanco

O terceiro domingo de setembro celébrase a festa do produto máis coñecido de Coristanco, a súa pataca.

A festa comeza pola mañá cos tractores engalanados con patacas. O día continúa co concurso gastronómico, degustación de patacas, actuacións de grupos de gaitas e danza.

A celebración inclúe a repartición de racións de patacas elaboradas de diferentes formas e viño.

Máis información