Festa da Pescada do Pincho

Data: Do 20/07/2019 ao 20/07/2019
Lugar: Viveiro

Declarada Festa de Interese Turístico Galego, o sábado 20 de xullo celebrarase en Celeiro a XXII Festa da Pescada do Pincho.

A partir das 21:00 horas na Lonxa Vella do Porto de Celeiro terá lugar esta festa gastronómica na que os asistentes poderán degustar elaboracións de pescada elaborada de sete formas diferentes.

A pescada do pincho de Celeiro incorporouse no ano 2003 a Galicia Calidade, converténdose así no primeiro produto fresco do mar amparado en España por unha marca de garantía.

Máis información