Festa da Rosa – Mos

Data: Do 13/06/2019 ao 13/06/2019
Lugar: Mos

A Festa da Rosa, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, celébrase sempre o 13 de xuño en Mos para enxalzar a Rosa dos Quirós, marqueses dos que se herdou o emblema presente no escudo do Concello de Mos.

As celebracións comezan no primeiro domingo de xuño coa Festa da Empanada e Pan de Millo. Despois celébranse unha extensa variedade de actividades cunha gran oferta gastronómica, cultural e deportiva que se desenvolve ao longo de todo o mes de xuño.

Este ano a alpinista moense Verónica Romero será a pregoira das Festas da Rosa 2019.

Máis información