Festa do berberecho – Carballo

Data: Do 24/08/2019 ao 24/08/2019
Lugar: Carballo

O berberecho é o produto estrela da lagoa de Baldaio, o máis coñecido dos seus habitantes. Por iso, fai xa dezaseis anos, as e os veciños da zona decidiron organizar unha festa na súa honra que, co tempo, conseguiu ter gran afluencia non só da xente dos arredores, senón tamén de veraneantes e turistas. Será o sábado, 24 de agosto, a partir das 13.00 horas.

Tamén haberá sesión vermú e actuacións musicais.

Os berberechos prepáranse para a súa degustación de diferentes formas, en salsa, ao vapor e en empanada.

Máis información