Festa do bonito – Burela

Data: Do 03/08/2019 ao 04/08/2019
Lugar: Burela

O primeiro fin de semana de agosto terá lugar a Festa do bonito de Burela, que recentemente acadou o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional.

Os veciños de Burela e os milleiros de visitantes que recibe a localidade nesta festa poderán degustar racións de bonito elaboradas en distintas formas: en empanada, cocido ou asado á parrilla, entre outras elaboracións.

Máis información