Festa do queixo do Cebreiro – Pedrafita do Cebreiro

Data: Do 19/04/2019 ao 19/04/2019
Lugar: Pedrafita do Cebreiro

A feira da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro e Productos artesáns conta cunha ampla traxectoria cultural. Declarada festa de interese turístico de Galicia, terá lugar o 19 de abril, Venres Santo.

Nela atoparemos productos típicos da comarca, traídos polos pequenos artesáns coma por exemplo: queixos, productos do porco, roscóns, mel, licores, etc.

Os asistentes poderán visitar os stands da feira con queixo da denominación de Orixe Cebreiro e outras queixerías con denominación de orixe, entre outros productos.

Máis información