Festa do requeixo e mel de As Neves

Data: Do 19/04/2019 ao 20/04/2019
Lugar: As Neves (Pontevedra)

A XXVIII edición da Feira do Requeixo e Mel do 2019 abrangue este ano un gran número de actividades que irán sucedéndose durante varias semanas ate chegar aos días centrais desta celebración, o 19 e 20 de abril.

O programa inclúe propostas para o tempo de lecer, para maiores e cativos, para os amantes das tradicións, para aqueles e aquelas que queiran amosar as súa pericia culinaria ou para os e as que prefiran gozar, sen máis, da gastronomía.

Tamén haberá tempo para a música, novas experiencias relacionadas coa elaboración do requeixo e a obtención do mel, para relacionarse coa natureza, para coñecer a cultura e as tradicións dass Neves e para os amantes do deporte.

Máis información