Festa gastronómica dedicada á carne de porco que terá lugar os días 7 e 8 de decembro no municipio de Barro. Os asistentes a estas xornadas poderán degustar o raxo cociñado de diferentes formas e desfrutar dos actos lúdicos programados.
Sábado 7 de decembro:
Ás 17.00 horas haberá inchables gratis e ás 19.00 horas actuará o Mago Paco.
Ás 20.00 horas a actriz Baia Fernández dará lectura ao pregón e ás 20.30 horas terá lugar a presentación das categorías dos equipos de fútbol.
Á 21.00 hora abrirase a carpa degustación onde os presentes poderán tomar raxo cociñado de diferentes formas e acompañado doutros manxares; embazada de raxo, raxo con patacas, richada de raxo con patacas, raxo ao alliño con toque de albariño e cazola de raxo en salsa de nata e redución de Pedro Ximénez. Os prezos dos pratos oscilarán entre os 4 e 7 euros.
Ás 22.30 horas Dani Barreiro & Friends animarán a velada.
Domingo 8 de decembro:
Ás 11.00 horas celebrarase a II Xuntanza de Coches Clásicos e ás 12.00 horas abrirá a zona gastronómica.
Ás 13.30 horas procederase á entrega de agasallos aos coches clásicos.
Durante estas xornadas os asistentes tamén poderán degustar un menú a un prezo de 18 euros que inclúe: táboa de embutidos, lacón feira, empanada, richada de raxo con patacas, ensalada, sobremesas e café.
Haberá tamén dispoñible un menú infantil e instalaranse postos de artesanía.