Romaría da Tortilla de Laro – Silleda

Data: Do 02/08/2019 ao 04/08/2019
Lugar: Silleda

A  Carballeira de Castro acolle desde o ano 1989 unha das festas gastronómicas máis concorridas do panorama galego, xa que reúne cada ano ao redor de 10.000 persoas, que saborean unhas 2.000 racións de tortilla e 1.000 litros de viño.

Na romaría non falta o pregón, a cargo dun personaxe invitado, un concurso-degustación, unha poxa de tortillas gañadoras e unha gran cea na robleda con actuacións de grupos tradicionais, charangas e orquestras.

Numerosos grupos de amigos da zona comparten unha intensa xornada festiva que remata cunha multitudinaria verbena.

Máis información