XII Festa do Pan – Baixa Limia

Data: Do 07/12/2019 ao 07/12/2019
Lugar: Baixa Limia

A Festa do Pan de Bande, organizada pola Asociación Cultural Pereira Adiante, celebrarase o día 7 de decembro en Pereira, do municipio de Bande.

Os actos comezarán ás 11.00 horas co inicio dos obradoiros de elaboración de pan de millo e de centeo que terán lugar no forno comunal. Sobre as 13.00 horas dará inicio a degustación gastronómica deste delicioso pan e de todos os produtos elaborados no forno. A festa estará animada con música tradicional galega.