XIII Festa do Porco a brasa en San André de Trobe, Vedra

Data: Do 17/05/2019 ao 17/05/2019
Lugar: San Andrés de Trobe, Vedra

O vindeiro venres, día 17 de Maio celébrase na parroquia de San André de Trobe (Vedra) a XIIIª edición da “Festa do Porco á Brasa“.

A festa arrincará coa lectura do pregón por parte do escultor Cándido Pazos, que terá lugar o sábado a 13 h. A partir de 14 h30, veciños e visitantes poderán degustar o delicioso porco á brasa. A xornada estará amenizada coa actuación musical do trío “Anxo América”.

Outro punto de interese para o visitante é a igrexa de Santo André de Trobe, de fachada barroca. No exterior do templo pode admirarse un cruceiro de finais do século XVIII.

Máis información