Xornadas gastronómicas da lamprea – Padrón (A Coruña)

Data: Do 22/03/2019 ao 31/03/2019
Lugar: Padrón (A Coruña)

Padrón acolle do 22 ao 31 de marzo as “V Xornadas Gastronómicas da Lamprea”, que incluirán actividades divulgativas sobre a lamprea, ximcana periodística da lamprea en familia, obradoiros de elaboración de empanada de lamprea, concurso de empanada de lamprea, ruta medioambiental da lamprea en Herbón e escapadas gastronómicas en Padrón para a fin de semana, que inclúen as actividades do programa das xornadas e aloxamento en hotel de 3*.

Nas xornadas participarán 9 restaurantes, con 10 menús diferentes baseados na lamprea e un prezo común, 30 euros (previa reserva)

Máis información